Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (60)

viernes, 26 de mayo de 2023
E se fosen os Valuros os rescatadores de Don Miguel de Cervantes?

De todos é sabido que Miguel de Cervantes loitou como soldado na batalla de Lepanto (1571), pasando ao acerbo común aquilo de que cando non podemos mover un brazo ou unha perna dicimos que estamos coma o manco de Lepanto, en referencia a unha situación de saúde e mobilidade.

O escritor servía na Goleta "Sol", onde perdeu o seu brazo esquerdo, a citada goleta foi A misteriosa e incógnita Valura (60)abordada por corsarios turcos nunha travesía en alta mar moi cerca de Cataluña, o 26 de setembro do 1575. Foron apresados os dous irmáns: Miguel de Cervantes e Rodrigo de Cervantes, os dous foron conducidos a Alxer como prisioneiros, onde permanecen durante cinco anos entre os que se produciron catro intentos de fuga; no segundo contou coa complicidade de Frai Jorge del Olivar, un frade mercedario.

Este frade levaba moito diñeiro para rescatar a presos, e puido facelo con Rodrigo, o seu irmán con 300 ducados de ouro, pero Miguel de Cervantes estaba taxado en 500, moito máis caro e non se puido incluír no lote.

A Orde da Mercé e a Orde Trinitaria foron autorizadas para a liberación de cativos en poder dos musulmáns, pois a principios do século XVII houbo en Alxer 20000 escravos. En total, entre os anos 1523 e 1693, foron rescatados 6916 cativos, grazas a mercedarios e trinitarios.

Os mercedarios idearon moitos remedios para recoller as esmolas: "Uno fué la colocación de alcancías, cepos y sacos en iglesias, cruces de caminos, lonjas, molinos y hornos colocados en lugares estratégicos de las ciudades, villas y pueblos", o mesmo que a Orde Trinitaria, mais tamén había seglares voluntarios ou contratados, como foron os Valuros, que prestaban servizo á orde co nome de "questores" e que observamos no libro Incendium Charitatis do 1734, onde se di "Quanto mejor será que los Descalzos (mercedarios) recojan las limosnas que no los Valuros?"
Se isto ocorre no 1734 é moi posíbel que os Valuros estivesen pedindo esmolas desde moito antes, e aínda que fosen os trinitarios os redentores da escravitude de Cervantes, non temos datos para dicir que os Valuros fosen tamén esmoleiros destes, aínda que é moi posíbel que tamén o fixesen.

Non obstante temos testemuñado que os Valuros pedían para as Confrarías da escravitude ou irmandades mercedarias fundadas nos conventos cuxas regras tiñan como imprescindíbel obxectivo o de dar e pedir esmolas para a labor liberador de presos.

Como tiñan que ser estes esmoleiros Valuros? Os trinitarios e mercedarios deron normas para como debían ser... "honestos, sabios, virtuosos y llenos de temor de Dios". Estes Valuros levarían cartas de recomendación con indulxencias a ganar polos cristiáns que deran diñeiro para redimir, "predicarían a verdade sobre as redencións, sen esaxerar a situación dos cativos, sen dar escándalo aos demais, debían ser parcos no comer, no beber e vestir, sen gastos superfluos".

As esmolas recollidas aséntabanse no "Libro de la Redención" e depositábanse no prazo de 24 horas na Caixa da Redención coa expresa prohibición de ser empregadas noutros fins.

O mesmo Cervantes cita en moitas das súas obras a Fray Jorge del Olivar o mercedario que rescatou ao seu irmán e que estivo mesmo a punto de rescatalo a el no segundo intento de fuga e ao que nos lemba no seu libro Los tratos de Argel no que Cervantes di o seguinte:

"Fray Jorge del Olivar, que es de la Orden
De la Merced, que aquí también ha estado
De no menos bondad y humano pecho;
Tanto que ya después que vno espendido
Bien veinte mil ducados que traía,
En otros siete siete mil quedó empeñado
¡Oh caridad estraña! ¡Oh Sancto pecho!"

Cervantes. "Los tratos de Argel"

Como nos di o autor, o mesmo frade quedou preso en Alxer como escravo ao deber 7000 ducados porque se permutou el mesmo por este valor e que antes e despois parte deste diñeiro tivo que ser recadado por todos mais principalmente polos nosos Valuros que se dedicaban a iso.

¡Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela

NOTAS:
RUIZ BARRERA, Mª Teresa.- Redención de cautivos. Una especial obra de misericordia de la Ordel de la Merced. Sevilla. (Internet)
BEL CALDÚ, Pedro J.- Santa María del Olivar. Redención de cautivos y literatura, en Historias del Bajo Aragón.(Internet)
EL NORTE DE CASTILLA.- Xornal 25-04-2015
CERVANTES, MIGUEL DE.- Los baños de Argel. Edit. Taurus, 1984
FRAY FRANCISCO SALVADOR GILBERTE.- Incendium Charitatis
FRAY MARCOS DE SAN ANTONIO.- Memorial informe de la verdad, al muy poderoso, y supremo Consejo de Castilla, sobre algunos reparos, por los quales ante su Alteza ha delatado el libro intitulado... 1734
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES