Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 25 de mayo de 2023
A estrada de Salgueiros

Hoxe en día segue a botarse en falta unha boa estrada de Baños de Molgas ata Ourense, ou polo menos ata Piúca, onde se enlazaría coa que vai de Maceda á capital das burgas. Antes, quizais a máis transitada fose a que, nós, lle chamamos a de Salgueiros, que acaba de cumprir 57 anos. Aínda lembro un pouco as obras cando ía á escola.
Pingas de Orballo Segundo unha nota de prensa que atopei por aí, o día 10 de maio de 1966, o gobernador civil de Ourense, don José María López Ramón, dedicouse a inspeccionar varias obras que se realizaron pola provincia. Primeiro foi a Sobrado do Bispo, logo a Allariz e xa pasou a Baños de Molgas para rematar en Maceda.
O gobernador iniciou o percorrido da estrada que nos ocupa en Salgueiros. Tal obra custou 3.575.000 pesetas, para 8,064 quilómetros. Na noticia saliéntase tamén que o percorrido ten dous terzos completamente rectos e o terzo restante "aliñacións máis ou menos curvas". O de máis ou menos é un dicir, pois ten algunhas que son moito máis que perigosas. E xa non digo nada cando asoman esas fortes xeadas no inverno.
Naquel tempo, tal estrada de Salgueiros era para uso duns 750 habitantes, pois arrincando de Baños de Molgas pasaba e pasa por Alvite, Brandín, Sanguñedo, Cardoeiro, Guede e Salgueiros. Hoxe, a mingua de habitantes ten que ser moi significativa. Pero, si, naqueles tempos para ir a Ourense e para achegarse ata o Polígono Industrial era a máis usada rede de comunicación. Agora creo que é a que vai por Almoite ata Piúca, para coller a de Maceda ou Paderne de Allariz.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES