Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Precisamos compañías cómodas

jueves, 25 de mayo de 2023
Que a maioría das persoas precisamos compañía, é ben certo.
Xa o Libro do Éxodo fala de que non era bo que Adán estivese só; e por eso lle deu unha compañeira á que chamamos Eva.

Moi raros son os casos das persoas que se queren soas.
Os ermitaños e os anacoretas viven sós pero non están sós.

A COMPAÑÍA É UNHA BENDICIÓN.
Cada persoa precisa compañía e ó mesmo tempo fai compañía a outras.

PARA VIVIR EN COMPAÑÍA HAI QUE CONVIVIR: VIVIR CON...
Esto non debe ser tarefa moi doada porque con certa frecuencia as compañías resultan incómodas:
- Entre pais e fillos ou viceversa.
- Entre parentes.
- Entre compañeiros de traballo.
- Entre diferentes colectivos...

SOMOS MOI DIFERENTES E TEMOS MOITAS "ARISTAS".
Levamos, sabe Deus, cantos miles ou millóns de anos convivindo sobre este puntiño do Universo que chamamos Planeta Terra, e aínda nos quedan "moitas aristas que limar".

E OS TEMPOS QUE CORREN NON SON MOI PROPICIOS PARA ESTE INTERESANTE LABOR.
Os que levamos moitos anos peiteando canas aprendemos que HAI QUE LEVAR CON PACIENCIA OS DEFECTOS DO PRÓXIMO, porque se presentan dificultades de vez en cando...

Pero as xeracións actuais cultivan moito os dereitos e deixan nun segundo plano os deberes.
IGNORAN O QUEREN IGNORAR QUE ONDE EMPEZAN OS DEREITOS DUN, REMATAN OS DO OUTRO.

E como neste mundo hai cada día máis persoas que queren ter dereitos á costa do que sexa e de quen sexa: os confictos danse.

MENOS MAL QUE AÍNDA QUEDAN MOITAS PERSOAS QUE QUEREN SER COMPAÑÍA CÓMODA PARA OS DEMAIS:
- Criaturas que saben convivir cos seus compañeiros de clase, de deporte ou de xogo.
Son as criaturas que medran no seo de familias que as EDUCAN PARA SABER ESTAR.
Son criaturiñas de moitísimo mérito porque teñen que loitar diariamente con outros nenos e nenas da súa idade que non recibiron esa educación e queren impoñer á forza "as súas leis".

HAI QUE APOIALOS CON TÓDALAS MEDIDAS HABIDAS E POR HABER PORQUE SE PRECISAN COMPAÑÍAS CÓMODAS:
- Compañías cómodas entres pais e fillos nas que reina o amor paterno-filial en grao máximo. Esa experiencia única e irrepetible que imprime carácter no ser humano.
- Compañías cómodas entre compañeiros de estudio que facilitan o aproveitamento máximo das clases que lles darán unha formación sólida para o día de mañá.
- Compañías cómodas entre esposos que se aman con locura.
A vida preséntalles abundantes problemas; pero afróntanos unidos con entusiasmo renovado día a día...
- Compañías cómodas ente compañeiros de traballo que permiten dar o mellor de sí na función que lles corresponde realizar.
- Compañías cómodas entre os membros dunha familia, porque son conscientes de que familia que permanece unida, endexamais será vencida.
- Compañías cómodas entre veciños que son conscientes de que os veciños son os parentes e amigos que temos ó noso carón.

Coa colaboración de compañías cómodos imos percorrendo o camiño da vida con maior satisfacción.

"MAIOR SATISFACCIÓN"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas a tantas e tantas compañías que nos fan a vida agradable, e moitas grazas a vostede por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES