Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 24 de mayo de 2023
Guerra entre a experiencia e a inocencia

Chamáronme a filas. A min, con sesenta e algo de anos! Non o podía crer. Pero a carta chegou certificada. Seica se estaba desenvolvendo nun parladoiro televisivo unha guerra entre a experiencia e a inocencia. Experiencia creo que a teño. Ante as cámaras son máis que inocente. Póñome nervioso só pensar que me están vendo. Ademais... con esta cara! Mellor sería que o parladoiro se desenvolvese nas Mestras, en Baños de Pingas de Orballo Molgas; alí, á beira do río Arnoia e entre os vellos carballos, onde se pode berrar e incluso alporizarse. Pero, na televisión... na televisión é outra leria.
Non obstante, había que cumprir coa lei, co mandado. Marchei algo amoucado, pero confiando na miña experiencia. A miña idade dá para moito. E máis cando vin ós catro cándidos que declararan a guerra. Desarmeinos con tres contos, catro dicires e media ducia de historias.
Historias de cando o tempo estaba parado e durmido ante unha política única e ditatorial. Historias de sangue (xogando e traballando), suor (xogando e traballando) e lágrimas (xogando e traballando). Os mozos, os catro cándidos axiña agacharon as orellas, pero non se deron por vencidos. Non tardaron en amosarme os seus feitos democráticos e libres, os seus avances acadados a unha velocidade galáctica e os seus medios de comunicación que ían moito máis alá dos meus berros e asubíos. Non tardamos en asinar a paz con catro abrazos e oito bicos. No fondo sabía que, co tempo, xa alcanzarían a miña experiencia. Mentres, eu acabei rindo coa súa inocencia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES