Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O olivo chico

martes, 23 de mayo de 2023
Fai un par de días, o vento sopra fortemente nesta terra de Teo e, en consecuencia, un pequeno olivo, apuntalado, caeu arrumbado en cuestión de segundos, ofrecendo unha patética imaxe no medio da armoniosa plantación.

Viuse como o tornado sacudía o olivo grande, que resistiu aínda que o bravío vento desgaxou unha rama, a mais lozana e vistosa, pero o meu fillo e mais eu, presenciamos o acoso e derribo do olivo chico, sostido por un tronco para facer frente as inclemencias da Natureza. Mais non valeu de nada.

Uns homes, entendidos na materia, confortáronos dicindo que o pequeno olivo podía rehabilitarse xa que esta especie arbórea é forte.

Estamos esperando como ao Santo Advenimento que chegue un paisano xeitoso e o poña en pé para que retoce con él a fauna ornitolóxica, sobre todo os graciosos petirroxos, para deleite dos nosos ollos e a exhuberancia da estimada plantación familiar.
Seijas, Otilia
Seijas, Otilia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES