Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dúas ideas sobre as eleccións municipais

miércoles, 24 de mayo de 2023
Son moi pouco dado a falar de política nos meus artigos. Cando o fago trato de fuxir de partidismos para chegar ao humano que compón calquera cerne persoal. Agora, ao remate da campaña, podémonos preguntar: que relacións queremos que teñan os nosos representantes? Venme á cabeza a palabra cordialidade e, con ela, a palabra fraternidade. As inimizades non deberían ter oco na política. Por iso, cando vexo a dúas persoas opostas capaces de compartir, retorno á esperanza. Para min o valor da relación humana transcende ao dunhas ideas que marcan a nosa posición persoal ante á sociedade.

Que a idea non deba custar unha relación, tampouco implica que deixe de ser defendida. Temos que discutir, temos que argumentar e quizais veña ben votar (velaquí a segunda idea) polo moito que custou conseguilo.

O certo é que ter corporacións de amizades rivais (ou de rivais cordiais) paréceme un seguro de liberdade porque, se a política se anega de empatía, os acordos atoparan menos fochancas.

Quen gañe que o faga en liberdade pero que entre no consistorio na compaña da humildade, da empatía, da escoita activa e, sobre todo, da honestidade.

Alea jacta est.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES