Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (59)

viernes, 19 de mayo de 2023
Os Valuros e os Mercedarios

No libro cuxa portada amosa este amplo título é do que imos falar:
"MEMORIAL INFORME DE LA VERDAD, AL MUY PODEROSO, Y SUPREMO CONSEJO DE CASTILLA, SOBRE ALGUNOS REPAROS, POR LOS CUALES ANTE SU ALTEZA ha delatado el libro intitulado: INCENDIUM CHARITATIS, EL REVERENDISIMO PADRE MAESTRO General de la Merced Calzada Fray Francisco Salvador Gilaberte, que obligado de la A misteriosa e incógnita Valura (59)Obediencia propone á su Alteza. FRAY MARCOS DE SAN ANTONIO, EX-PROVINCIAL DE MERCEDARIOS DESCALZOS, y Autor de dicho Libro".

Este libriño dános fe dunha liorta entre os "Padres de la Merced Calzada" e os "Descalzados" no ano 1734 e no medio de toda esta acusación ou delación entre os dous bandos atopamos os nosos queridos Valuros.
A bula de León X, parece ser, non permitía á familia dos mercedarios descalzos que fóra dos seus conventos puidesen pedir esmolas, e que os que si o farían por eles serían os Valuros que estaban pedindo para os Mercedarios Calzados. Este feito leva a unha guerra entre Calzados e Descalzos, dicindo estes últimos o seguinte "Quanto mejor será, que los Descalzos recojan limosnas, que los Valuros?"... porque, parece ser que os Calzados usaban e empregaban os nosos Valuros para pedir por fóra da súa congregación e motivo desta liorta que agora presentamos e que na páx.7 volve recordarnos o mesmo en canto a que os Calzados usan de Valuros aos que lles dan un salario para tal fin: vexamos "era mejor que las limosnas de la Redempcion los pidiesen los Descalzos (como por fuerza de el Voto están obligados a ello, sin poder tomar, ni aun para su sustento, ni un maravedí de la limosna de los Cautivos) que no que lo hagan los Valuros, que llevan su salario".
Segundo observamos, todos estes relixiosos estaban obrigados pola forza dos seus Votos a non valerse por si mesmos para pedir esmolas fóra do seu convento, pero usan a uns terceiros para que pedisen por eles, e estes serían os Valuros, aínda que os Descalzos non están moi conformes con isto porque (páx.6) "era mejor, que los Descalzos fueran colectores de las limosnas para Redempción que los Valuros". (Estas esmolas ían para a liberación de escravos que estaban en poder dos musulmáns, así no século XVI había 7.000 escravos en Sevilla e 10.000 en Lisboa, e a principios do XVII Alxer tiña unha poboación estable de 20.000 escravos. Por exemplo, entre 1523 e 1693 foron rescatados 6916 presos, a maior parte grazas ás misións de redención levadas a cabo por trinitarios e mercedarios.)
Aínda así, xórdenlles problemas porque non poden facer a recadación debido a que os conventos están moi lonxe uns doutros, e dificultan as posibilidades de recibir as esmolas das que está encargado o Procurador da orde amais de que "ponga exquisitisima diligencia en andar todo el Partido ó Terreno, que le toca, de donde parece necesario usar de dichos hombres (valuros) y del contrato, que suelen ellos usar... para que se aumente más el Tesoro de la Redempcion".
De todo isto deducimos que os Valuros non eran esmoleiros porque fosen pobres, senón que eran recadadores de esmolas cun contrato, e postos pola Igrexa para tal fin, debido a que ela mesma era incapaz de facelo por causa, principalmente do espallamento das congregacións.
Observamos na páx 13... "que resulta a Redempcion en las provincias de Castilla y Andalucia, respecto de la distancia, en que se hallan algunos conventos, á cuya causa no es facil recoger las limosnas en los Partidos a ellos asignados".
Por esta razón, estes frades propoñían unha reforma baseada no permiso para recollelas a pesar das distancias entre os conventos e que "esta providencia se confíe a nuestro R.mo P. General, y á la junta arriba indicada, para que deliberen sobre esta materia"... pero, mentres tanto son os Valuros, dunha maneira escondida, ou iso cremos, os que recadan os "impostos" de esmola por Castela e por Andalucía, e supoñemos que baixo xuramento de non dicir nada a ninguén porque lles perigaba o traballo debido a que estaba prohibido pedir aos relixiosos e porque nin os Procuradores nin aqueles que se empregan en "recoger limosnas para la Redempcion, no pueden, ni les es lícito tomar de ellas, ni para el sustento ordinario, y que peca contra el Voto el que hiciere lo contrario". Todo isto próbao a Bula de León X que comeza "Damos la facultad al Maesro General, para que licitamente pueda de la tercera parte, solamente de los dineros, y cosas, que en general se recogieron para la Redempcion, disponer en socorro de sus necesidades y de cosas de pobres".
Agora é cando nos damos conta do que comentaba Mato Vizoso, de que no verán os veciños de Momán, Roás e Muimenta facían viaxes, non para explotar a credibilidade das persoas rústicas -como el di-, senón por prescripción dos monxes mercedarios e non sabemos se dos trinitarios e outros de Castela e Andalucía, para o que emparellaban as súas eguas para ir "á Valura", feito que ninguén debía de saber e que se levaba con moita cautela e segredo porque lles estaba prohibido aos monxes Calzados e Descalzos incluso usar de terceiros, como aconteceu cos Valuros, para tal cometido e ademais cremos que esa é razón pola que Mato Vizoso o recolle con estas palabras "En el país de su domicilio guardaban mucho secreto acerca de su manera de proceder en las excursiones que hacían". Pobres Valuros!

Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Imaxe tomada do Patrimonio Dixital – Patrimonio UCM
-----------------

NOTAS:
MATO VIZOSO, Manuel.- Colección de algunas noticias y tradiciones, referentes al partido de Villalba. (Manuscrito inédito). Arquivo da R.A.G. (Galiciana).
FRAY MARCOS DE SAN ANTONIO.- Memorial informe de la verdad, al muy poderoso, y supremo Consejo de Castilla, sobre algunos reparos, por los quales ante su Alteza ha delatado el libro intitulado...
FRAY FRANCISCO SALVADOR GILBERTE.- Incendium Charitatis
EL NORTE DE CASTILLA. Xornal. 25-04-2015
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES