Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Fuxan os ventos' De Mato, Mini e Mero

viernes, 19 de mayo de 2023
Acabo de revivir de novo aqueles tempos do 72: despois do crime do 10 de marzo en Ferrol, da represión franquista que quixo calar a loita-dura obreira durante tanta ditadura, chegáranos como unha nova lumieira FUXAN OS VENTOS naquel outono de "As Sanlucas" de Mondoñedo. Ao estarmos na procura da descuberta da nosa Galiza, coa lectura de "Sempre en Galiza" de Castealo, "o atraso económico" de Beiras... E nestas entra "Fuxan os Ventos" de Mini, Mero e Mato, con un novo espertar. Estes tres persoeiros que fixeron co grupo de Fuxan nun decenio ventureiro de discos que resoara por Galiza adiante con aquel primeiro cantar: "Fuxa os ventos dos agoreiros.../ Fora lembranzas, tépedas noites../ Veñan os homes rexos e fortes.../ Mirade pra diante sempre sen medo.../ Nenos e nenas, mozos e [mozas] vellos".

Mesmo xa hai tempo que coñezo a Mero (Baldomero Iglesias Dobarrio). Un home falangueiro, chairego; poeta, músico e mestre, sempre animador de esperanzas; comprometido coa loita galeguista, antifranquista e coa Memoria Histórica, sen esquecer a ligazón coa Irimia. Mais coñézolle a súa vis artística como poeta e músico; é autor do que se lle chama o himno da Terrachá, O CARRO, unha peza magnífica na que tiveron que darse tres cordeadas necesarias: Manuel María, autor da letra; A Terrachá; e Mero, seu autor. Éautor doutras pezas que nacen do seu compromiso coa terra, coa xente e a natureza que lle fai estalar en cantares e a nós admirar esas súas calidades. Tanto nos facían rebrincar e bailarde festas como nos facían compartillar a loita dos asoballamentos dos labregos e obreiros, encoros Castrelos, e das Encrobas, etc.

Mais o grupo Fuxan os Ventos, despois de triunfar por Galiza adiante e polo estranxeiro durante 10 anos, coñecemos a frustrada nova de deixarnos algo orfos, Mini e Mero, abandonan Fuxan. Mais ao pouco tempo vemos que Mini e Mero reaparecer no novo grupo Quenlla, aínda que o tempo pasado marcounos como os que foran Fuxa os Ventos, seus fundadores.

Estes parágrafos veñen precisamente para presentar o libro que Mero acaba de escribir, 50 ANIVERSARIO DE FUXAN OS VENTOS. Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío. Aquí aparecen as glorias, penas e liortas de Fuxan Os Ventos. Deste libro, que vale a pena ler, tería que arrincar unha opera co libreto e música do mesmo Mero.

Estes días un amigo, afeccionado á música, participa nun grupo cuxo profesor deulle a fotocopia da partitura de O Carro, onde aparece a letra de Manuel María e arranxos de Cupeiro, o autor musical non existe (?).
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES