Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volvendo a vista atrás en plan didáctico: Día da Muller (I)

jueves, 18 de mayo de 2023
Sabemos o que son os días D e sabemos as razóns que nos obrigan a conmemoralos. Sabemos que, en relación á muller, acostumamos celebrar varios nas escolas:
O 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, porque en 1960 tivo lugar o asasinato das Irmáns Mirabal en República Dominicana.

O Día da muller e a nena na ciencia, o 11 de febreiro, para evitar esa brecha e facilitar Volvendo a vista atrás en plan didáctico: Día da Muller (I)o espertar de vocacións científicas entre as rapazas.

O 8 de marzo, Día da muller, que é o máis coñecido porque en 1857, traballadoras dunha fábrica textil de Nova York morreron queimadas na fábrica (123 mulleres e 23 homes), por iso, nun principio foi denominado Día da Muller traballadora porque foi traballando fóra da casa onde morreron, non no fogar. E, polo tanto, foi cambiando de día e denominación.

Por veces escoitamos preguntas que nos asombran: E, logo, por que non hai un día dos homes? Porque non fai falla, como non fai falla un día dos ricos, nin día dos brancos, nin días do orgullo heterosexual... só facemos visible aquilo ao que temos que dedicarlle un tempo para solucionar os problemas que arrastra.

Por que falamos do Día da muller? Porque temos que seguir reivindicando que as mulleres teñan os mesmos dereitos que os homes, porque aínda non os ten a pesar de que a lei o diga. Costumes e prexuízos que se arrastran impídeno.

O machismo é o contrario do feminismo? Pois non, o machismo cre na supremacía do home mentres que o feminismo non quere que as mulleres sexan máis ca eles, senón iguais.

Que é o negacionismo? Por exemplo negar a discriminación das mulleres cando esta se produce, por exemplo na violencia de xénero: non é o mesmo número de asasinadas que asasinados. A eles cústalles máis ver as desigualdades, pero negalas é produto dunha ideoloxía retrógrada.

Que son micromachismos? Pequenas discriminacións diarias que poden pasarnos por alto. Por exemplo cando se obriga á muller a facerse cargo dos coidados dos dependentes ou das tarefas domésticas (ademais do traballo realizado fóra da casa) porque o fai mellor, sabe máis como facelo e, en todo caso, o home axúdalle. Tamén se producen cando falamos da beleza das nenas fronte a outros valores dos nenos...
Como pode haber machismo se os homes son educados por mulleres? Unha das razóns é que os costumes, tradicións que poden moito. "Sempre foi así" escoitaredes moitas veces, pero tamén porque hai mulleres machistas igual que hai pobres ou homosexuais que votan a dereita (a pesar de que eses partidos nunca van apoiar melloras para eles e elas). Certamente, as mulleres son nais, irmás, esposas... e, a pesares diso, discrimínanse.

Por que se di que o amor romántico é perigoso? Porque tal como se entende semella que as mulleres teñen que atopar alguén que as coide e protexa e conseguir que esa persoa sexa feliz. Isto implica uns roles de xénero moi diferentes con derivacións no sexo, na emotividade...

Que significa feminazi? É o último insulto que inventaron os machistas contra as mulleres, querendo dicir que as feministas son coma os nazis, de extrema dereita?
Por que ás nenas lles gusta o rosa máis que o azul? Só por costume, porque tradicionalmente estamos predispostas a iso e acabamos caendo nesa trampa, pero realmente non ten que ser así. O libros de David Pintor Non A todas as nenas lles gusta o rosa pódenos dar claves do que forma parte da nosa educación máis alá do nacemento. Pasa o mesmo cos xoguetes bélicos, cos lazos, cos adornos... Os maiores acaban afirmando que os xoguetes violentos lles gustan máis á rapazada, pero todo está programado igual que o gusto pola Coca Cola ou a cerveza, que as primeiras veces non resistimos. Pasa o mesmo coas marcas de roupa ou tenis, teñen un significado de poder e prestixio máis alá do verdadeiro gusto.

Somos libres? No mellor dos casos, estamos condicionadas polo pasado.

Hai diferenzas no trato que se lle dá ás mulleres nos distintos países? Certamente, por iso, aínda que aquí poda estar máis disimulada a discriminación, trátase de ver o que pasa noutros lugares, tamén. Observar as noticias de Irán ou Afganistán, saber en que consiste a ablación de clítoris, os matrimonios infantís...
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES