Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Penso, logo actúo

martes, 16 de mayo de 2023
"Todo na vida é teatro", díxonos Collen Conroy, profesora do Departamento de Teatro e Drama da Universidade de Wisconsin, na charla que pronunciou na Facultade de Filosofía a semana pasada. A tradución é un pouco libre porque ela utilizou a palabra inglesa "performance" e, ademais, o título da súa intervención foi "Actuación e técnicas teatrais".

Desde que nos erguemos ata que nos deitamos, pasamos a xornada actuando de distinta maneira segundo a persoa coa que falemos. De feito, Collen insistiu en que a voz, modulada a conveniencia segundo quen sexa o noso interlocutor e a mensaxe que queiramos transmitir, vai construíndo a nosa identidade.

Pensaba, mentres escoitaba a Colleen, nun antigo pero interesante ensaio de Mario Vargas Llosa titulado "A verdade das mentiras", no que nos explica como aceptamos a ficción literaria coma se fose unha verdade, froito dun pacto implícito entre o autor e o lector, respectando o acordo de crer as mentiras que o escritor nos propón na súa trama coma se fosen verdades.

As súas intuicións foron tamén desenvolvidas polo un filósofo anglo-ganés e profesor da Universidade de Princeton, Kwame Anthony Appiah, na súa obra As mentiras que nos unen. Repensar a identidade. Appiah cuestiona o xeito de concibir a cultura occidental a partir de tópicos discutibles e pregúntase que será de nós sen esas identidades imaxinarias, que deviñeron verdades universais, pois eses esencialismos conformaban unha solución colectiva para estarmos no mundo.

Non puiden resistir a tentación de preguntarlle a Colleen se non só actuamos diante dos demais, coa nosa voz e a nosa linguaxe non verbal, senón tamén diante de nós mesmos, facendo da nosa vida un relato en busca de narrador. Non quixo contestarme no momento, mais prometeu darlle voltas a este espiñento asunto pois ten un pase que construamos unha farsa para os demais, pero actuar para un mesmo pode traer graves e insospeitadas consecuencias. Que llo pregunten ao malpocado don Quijote de la Mancha e mesmo a Sancho, o seu fiel escudeiro.
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES