Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adeus, Tonechos

martes, 13 de enero de 2009
Os Tonechos, sepáranse. Segundo parece, temporalmente.

Determinadas parellas do mundo do humor parecían ter nacido para encontrarse e traballar xuntas. Lembremos “Tip y Coll”, “Martes y Trece”, “Cruz y Raya”, e agora “Os Tonechos”. E despois deles, na TVG, Mucha e Nucha, que están despuntando e ocuparán un lugar importante na canle galega.

Pero resulta que nos grupos -e nos dúos- chega un momento en que alguén se considera máis importante e con dereito a brillar máis, e decide camiñar en solitario. Con todo o dereito do mundo, pero sen calcular ben as forzas de cada quen, e sen ter en conta que un máis un ás veces é máis ca dous porque o que funciona é o conxunto, coa súa química, cos seus contrastes, coa súa orixinalidade.

Os Tonechos, reis galegos do humor do absurdo, desmesurados histrións que provocan reacción inmediata en sensores que os galegos levamos en descoñecidos punto dos nosos intelectos, provocaban o sorriso e a risa cos motivos máis impensables, non só coa palabra senón especialmente cos xestos e actitudes.

“Aparcamos o coche, pero non lle plantamos lume”, dixeron. Mellor así. Pero, ollo, que unha segunda parte –pasado o tempo- ó mellor é tarde.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES