Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (58)

viernes, 12 de mayo de 2023
Cartografía da Terra Valura

Con relación á cartografía Valura, atopamos varios mapas nos que se amosa o seu nome, sempre en castelán, como "Tierra de la Balura", que se nos presenta localizada entre a "Terra de Miranda", polo leste; a A misteriosa e incógnita Valura (58)"Terra de Gaioso", polo oeste; polo setentrión o "Valle de Lorenzana" e polo meridión achamos a Lugo.

O seu nome aparece sempre nos límites da provincia de Mondoñedo, polo sur, alí onde Mondoñedo se adentra na provincia de Lugo.

Os catro mapas que atopamos na "Cartografía Galiciana" son todos eles versións diferentes do Mapa Xeográfico do Reino de Galicia cuxo autor é López Tomas, do ano 1784 e dedicado a Don Joseph Moñino, Conde de Floridablanca. Uns atópanse en branco e negro e outros coloreados á man, mais todos eles obedecen ás mesmas localizacións e aos mesmos nomes.

1.- MAPA QUE EN GALICIANA APARECE CO Nº149
ANO DE 1784
Mapa Geográfico del Reyno de Galicia: Contiene las provincias de Santiago, Coruña, Betanzos, Lugo, Mondoñedo, Orense y Tuy / por Don Tomás López.
Autor: López, Tomás (1730-1802). Publicación: Madrid, 1784.
Exemplar que se atopa na Biblioteca de Galicia. Signatura: MAP_088.
Corresponde á seguinte descrición: Mapa en 4 fotos, gravado en cobre, cor extemporánea, á man; de 77x83 cm. En f. De 83x87 cm.
Na esquina superior esquerda consta unha dedicación a Joseph Moñino, Conde de Floridablanca e na esquina superior dereita insire a relación de documentos empregados na súa elaboración e unha breve descrición de Galicia.
As cores que utiliza son as seguintes: Contornos de cor vermella; a división de provincias en azul escuro; os lindes con Asturias e Portugal, cor malva; ríos en azul claro, montañas marróns e núcleos de poboación nun triángulo tamén vermello.
A TIERRA DE LA BALURA corresponde ao Mapa 3.

CARTOGRAFÍA DA TERRA VALURA
2.- MAPA QUE EN GALICIANA APARECE CO Nº 151 - ANO DE 1784
Título.- MAPA GEOGRAPHICO DEL REYNO DE GALICIA: Contiene las provincias de Santiago, Coruña, Betanzos, Lugo, Mondoñedo, Orense, Tuy, dedicado al excelentísimo Señor Don Joseph Moñino, Conde de Floridablanca...
. . . . . . . .
Escala: 1:332.000
Publicación: Madrid: (s,n.); 1784
Autores secundarios: López, Tomás e Floridablanca, José Moñino Conde de
Exemplar: Fundación Penzol. Signatura: MP-2(2). Nº Rexistro: R.20
Descrición física: É un mapa en 24 seccións enteladas; gravado en cobre, coloreado á man, de 83x87 cm. en seccións de 19x13 cm.
As cores son verde e amarela para distinguir as provincias, o resto está en branco e negro.

CARTOGRAFÍA DA TERRA VALURA
3.- MAPA QUE EN GALICIANA APARECE CO Nº 150
ANO DE 1977 (EDICIÓN FACSIMIL DE 1784)
MAPA GEOGRÁFICO DEL REYNO DE GALICIA: CONTIENE LAS PROVINCIAS DE SANTIAGO, CORUÑA, BETANZOS, LUGO, MONDOÑEDO, ORENSE Y TUY: dedicado al Excmo. Señor Don Joseph Moñino, conde de Floridablanca... / por Tomás López, geógrafo de los dominios de S.M.

Edición facsímile do orixinal de 1784
Escala: 1:325.800
Publicación: Madrid. D-L. 1977
A descrición física corresponde a un mapa de 77x82 cm. En f. de 81x85.
Autor: López, Tomás (1730-1802).
Temos dous exemplares na Fundación Penzol. Signatura: MP-6(3). Nº Rexistro: R.65.
É un único mapa en branco e negro coas mesmas características cós anteriores onde a "Tierra de la Balura" aparece no mesmo lugar que os outros, ao sur da provincia de Mondoñedo, pero abranguería mais espazo ao oeste ata chegar á "Tierra de Gayoso" e polo leste á "Tierra de Miranda".

CARTOGRAFÍA DA TERRA VALURA
4.- MAPA QUE EN GALICIANA APARECE CO Nº 51
ANO DE 1800
CHARTA GEOGRAPICA REGNUM GALAECIAM (HISPANICE GALICIA) IN SUAS PROVINCIAS DIVISUM (1800) repraesentants ex illis D.T. Lopez ii colligavit F.L. Güssefeld.

Escala. 1:515.000
Publicación: Norimbergae: per Horman Haaeredesin Haeredes in lucem edita, 1800.
Autores secundarios: López, D. T. / Güssefeld, F.L.
Este exemplar áchase na Biblioteca de Galicia. Signatura: MAP_177
A súa descrición física corresponde a un mapa gravado en cobre, coa cor á man, de 46x54 cm en foto de 60x71 cm. É un mapa en branco e negro coa división das provincias e bordos con liñas vermellas.

TIERRA LLANA
Pola contra "TIERRA LLANA" atopámola cartografada cincuenta anos máis tarde, concretamente no ano 1834 e no 1974, en dous mapas que expoñemos a continuación e que, como vemos, ocupa o mesmo lugar que denantes tiña a "Terra da Valura", posiblemente a nomenclatura de Tierra Llana sexa máis moderna e acapararía, polas razóns que xa falamos, o nome da comarca en detrimento de Terra da Vaura.

1.- MAPA QUE EN GALICIANA APARECE CO Nº 23
ANO DE 1974 (EDICIÓN FACSÍMILE DE 1834)

CARTA GEOMÉTRICA DE GALICIA: dividida en sus provincias de Coruña, Lugo, Orense y Pontevedra y subdividida en Partidos Judiciales ó Alcaldías Mayares:presentada a S.M. la Augusta Reina Gobernadora Doña María Cristina de Borbón por su Secretario de Esta y del Despacho de lo Interior... /Levantada y construida en la escala del cienmilésimo por el Doctor Don Domingo Fontán, Catedrático de Matemáticas... Año de 1834.
Edición facsímile / Escala: 1:100.000
Publicación: en Madrid por la Asociación del Cuerpo Nacional de Topógrafos, en 1974.
Descrición: Un mapa en 16 follas: cor; f. De 69x69 cm.+ (1) f. de texto (69x69cm.)
Autores Secundarios: Fontán Rodríguez, Domingo, 1788-1866 / Bouffard, L, gravador,/ Otero Pedrayo, Ramón, 1888-1976.
Ejemplar en Fundación Penzol. Signatura: MP-7. Nº Registro: R.66

Mapa en branco e negro, na folla nº 8 aparece Tierra Llana en letras maiúsculas abranguendo a mesma zona que os mapas anteriores en Tierra de la Valura coa diferenza que aquí aparece TIERRA LLANA que abarca a conca miñota dende Bestar (Cospeito) até Pacios (Castro de Rei).

Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES