Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De novo, o Prestige

martes, 13 de enero de 2009
Un dos máis famosos barcos da nosa historia. Para Galicia, máis sonado ca o Titanic, e que supuxo o afundimento da nosa fe nos controis da navegación polas nosas costas, e a contaminación máis fera sufrida por un territorio con dous mares coma o noso.

Coidabamos que sobre o Prestige estaba xa todo escrito, despois de ter sufrido a traxedia, de recibir apoios incontables e valiosos de xentes das máis diversas procedencias, as liortas legais e as liortas políticas, que a traxedia do barco diante de Galicia deu para combatir políticamente durante meses por parte das forzas con representación parlamentaria, podendo calibrar que algún partido se veu beneficiado e outro perxudicado pola situación que aquí se produciu con este motivo.

E agora, algo máis de seis anos despois, aparece o informe da Abogacía do Estado que ven dicir que a xestión oficial en relación co Prestige foi a correcta, considerando axeitado que o barco fose alonxado da costa galega para evitar os danos que pudieran producirse.

Non e máis ca un informe, pero está suscrito polo máximo órgano legal que asesora e, no seu caso, defende á Administración pública en calquera litixio. Neste caso, é un aval ben valioso do que o goberno fixo no momento da catástrofe.

É un paso definitivo á espera da decisión xudicial, pero moitas persoas respiraron tranquilas e agardarán con maior tranquilidade o veredicto que proceda.

E moitos que entón se pronunciaron en relación co tema deberán cavilar se foron xustos nas súas apreciacións e expresións.

Pero a fin de contas todo quedará en nada. O que pasou, pasou. O que se dixo, vaise esquecendo. A nosa selectiva memoria vai empezando a colocar na nebulosa do pasado aquela chatarra ambulante ateigada de petróleo que levaba rotulado o nome “Prestige”, que Galicia está aprendendo a esquecer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES