Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O home da boina

lunes, 15 de mayo de 2023
Vexo entre o casi otoñal paisaxe dunha tarde agosteña, ó pasar por diante da fonte vella do lugar, coa súa boina negra, inconfundible por levar unha pluma de perdiz enganchada nela.

Estaba enflaquecido, co aire especial da convalecencia, a mitade do camiño entre a milloría e o retroceso.

Levei, case case, un susto porque aquela figura botaba por terra todolos comentarios sobre a misteriosa morte daquel home, alto, camiñante incansable das sendas, dos campos, dos camiños e cruces que conforman a comarca, pisando con suavidade e saudando á xente o mesmo tempo que levantaba a pucha proletaria e distinta, cargada de recordos.

Aquela gorra non paraba na cabeza pois como non deixaba sen saudar a ningúen e os camiñantes eran numerosos, podemos decir que se desplazaba por sí soa, voaba dunha persoa a outra como si tivera un impulso interior, e todos quedaban satisfeitos. A veces levaba a man a ingle xa que era a causa dos seus males e detíñase uns segundos para aliviar.

O que tiña él de discreto, anulabao a muller de lingua picaxosa por eso ninguén a apreciaba. Xa se sabe: o que sementa ventos, recolle tempestades.
Seijas, Otilia
Seijas, Otilia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES