Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡A presenza de frei Xosé!

lunes, 12 de enero de 2009
Para os que cremos nunha nova e mellorada situación da vida despois da morte (que fai posible e real continuar a relación máis profunda cos seres queridos que temos no máis alá) notamos a gozosa presenza de frei Xosé entre nós. Por enriba e con máis profundidade cá que nosoutros podemos acadar só cos recordos e lembranzas. O mesmo acontece con todas as persoas que nos adiantaron en dar o paso imprescindible (o da morte) para participar na vida definitiva, a que chamamos vida eterna. A fe dos crentes no Deus de Xesús está avalada pola resurrección de Xesús e a súa promesa dunha vida nova/plena xunto ao tamén noso Pai/Deus.

O pasado xoves, na catedral basílica lucense, celebrouse a Misa/funeral de Cabodano de frei Xosé, anterior bispo de Lugo perante vintesete anos. Concelebraron os bispos de Galicia e de Astorga, un numeroso grupo do clero diocesano e doutras dioceses e relixiosos. Participou tamén a súa familia chegada de Lalín e doutras cidades de Galicia, seminaristas, autoridades e unha gran multitude de fieis de Lugo/cidade e de varias parroquias da cidade/provincia.

A Eucaristía estivo presidida polo seu sucesor, bispo Alfonso Carrasco Rouco, que coa base de pasaxes bíblicos sobre o amor e a multiplicación dos pans (dentro do ambiente de amor do Nadal) teceu unha sinxela, seria, profunda, responsable e mesmo comprometedora homilía. Útil e oportuna neste intre. Para pastores (bispos/cregos) e fieis. Todos somos responsables de amosar a nosa vivencia e coherencia de fe dentro das nosas Comunidades da Igrexa que deben ser testemuñas auténticas da presenza de Cristo nesta nosa sociedade actual.

Subliño algunhas chamadas á responsabilidade no seguimento coherente de Xesús. Ao xeito da vida sinxela, próxima e de entrega aos necesitados do pan do amor que nos deixou frei Xosé. Deben ser luz e alento para todos nós. Velaí algúns detalles da homilía: “El ministerio episcopal se transmite de mano en mano. Personas que tienen nombre...Fray José era un sacramento de amor de Dios en medio de su pueblo..Esta es nuestra única vocación con el...El amor fraterno tiene que ser amor a personas con rostro y nombre...Es bueno que la memoria de fray José sea causa por la que se renueve en nuestros corazones la memoria de los bienes que Dios nos ha dado y que se renueve en la fe y el amor...”Que siga manteniendo viva la llama de la sucesión apostólica..Y que haya sacerdotes que colaboren con ellos”. Pola nosa banda, só nos queda reafirmar estas peticións e tentar de vivir, con responsabilidade, nesas coordenadas, que son as mesmas de Xesús, o noso único e verdadeiro Pastor, Mestre e Señor.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES