Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pagar polos servizos recibidos

lunes, 12 de enero de 2009
Entra dentro da lóxica que cada cidadán teña que aboar á súa institución municipal de xeito proporcional ós servizos recibidos, co que a maior cantidade de servizos prestados maiores serán as cantidades a aboar en concepto de impostos directos ou indirectos.

Deste principio non escrito pero si asumido de xeito xeral, enténdese que vivir en cidades grandes -prestadora de maiores servizos ós seus cidadáns- sexa máis caro que residir en cidades pequenas, pobos e vilas. Xa non digamos de aldeas, que posiblemente xa non rexe a mesma norma.

Polos datos que fai públicos o Ministerio de Economía y Hacienda en relación cos presupostos das principais cidades galegas, vense a dar máis ou menos este principio, e senón que sexan os seus habitantes os que se pronuncien ó respecto.

É Santiago a cidade na que máis pagan por impostos municipais ó ano, e no pasado 2008 a cifra por santiagués foi de case 427 €. Séguelle Vigo con algo máis de 374, A Coruña con 371, Lugo con 359, coa mesma cantidade menos uns céntimos Ourense, 330 Ferrol e en último lugar Pontevedra con 288€.

Son cifras produto de dividir entre os habitantes de cada concello as cantidades que os mesmos concellos presupostan, pero son aínda que estimacións as cifras que os gobernos municipais manexan na súa actividade cotiá.

É difícil estimar en cada caso se a proporción é axeitada, se é lóxico que sexa a Santiago capitalina a que máis aporte ou Pontevedra a que menos. Pero visto de xeito xeral, tendo en conta as características principais dos sete núcleos máis importantes de Galicia, parece axustarse a unha realidade que veñen marcando a poboación, as estructuras, o contorno, e a necesaria complexidade da organización municipal e os servizos que esta presta ós contribuíntes.

Todos os servizos básicos dependen do concello, e entreles está a seguridade, auga, lixo, sumidoiros, incendios, rúas, transporte público. Pois este funcionamento é o que se paga aínda que á parte se aboen cantidades importantes pola utilización directa destes mesmos servizos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania