Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (57)

viernes, 05 de mayo de 2023
Límites da provincia de Mondoñedo coa terra de 'A Valura'

No xornal El Ideal Gallego de data 15/10/1921, cuxo lema aclaratorio é o de "Diario católico, regionalista e independiente" ofrécesenos unha reportaxe "De la Diócesis Mindoniense" na que non podía faltar o seu cronista, A misteriosa e incógnita Valura (57)Lence Santar, pero ademais hai un estudo importante titulado "Apuntes sobre Mondoñedo", cuxo autor é o libreiro e escritor, Eugenio Carré Aldao (1859-1932), quen no apartado tres que ten como subtítulo ,"La provincia que fue de Mondoñedo", da que fai un amplo estudo dos seus límites con Asturias e as outras provincias de Betanzos e Lugo. Estando nestas, observamos que un dos lindes é, nada menos que a "Tierra de Balura".

Sendo o documento do ano 1921 e, aínda que non saibamos de onde o sacou Carré Aldao, posiblemente sexa un documento anterior ou bastante anterior a esta data ao comprobar que a medida de lonxitude empregada é a legua, porque España adheriuse en 1875 ao Convenio que se firmou en París, aínda que non fose ata 1891 cando se deron as instrucións como nova unidade de medida en todo o territorio para o quilómetro.

Efectuadas unha serie de indagacións, chegamos á conclusión de que o documento copiado na gran maioría por Carré Aldao pertence ao libro Descripción económica del Reyno de Galicia, de José Lucas Labrada, tal e como diciamos, é anterior a data do xornal, concretamente o libro publicouse no ano 1804, un pouco antes da Guerra da Independencia

Con isto, queremos expoñer o feito de que a palabra Terra da Valura existía como topónimo dunha comarca que estaba ben cerca da Terra de Miranda e que, hoxe en día, a denominación de Terra da Valura está desaparecida, sempre en beneficio doutra denominación que cremos, moito máis moderna, como é a de Terra Chá.

Tornemos ao documento e ao lugar do que tratamos:
Volvía a torcer luego al NE. Cruzando los ríos Beán y Miñotelo, el primero en tierra de Balura, inmediación de Villerente y el segundo por cerca de Gueimonde. De aquí iba al lugar de Alvare y Vilaboa (Lugo) y una legua al E. de la segunda, cerraba la división con Asturias.

Transcribimos, a continuación, todo o Apartado III no que se fai un estudo das dimensións da provincia de Mondoñedo que constituía unha das sete provincias do que entón era o Antigo Reino de Galicia.

III
LA PROVINCIA QUE FUE DE MONDOÑEDO

Era una de las siete en que estaba dividido en Antiguo Reino de Galicia. Tenía una extensión 55,5 leguas cuadradas. Sus vecinos eran 18315 distribuídos en 546 jurisdiciones que comprendían, (?) ciudad, 12 villas, 30 cotos y 140 parroquias.
La jurisdición de Mondoñedo la formaban la ciudad y nueve feligresías con 1834 vecinos. Tenía, sobre poco más o menos la superficie del actual ayuntamiento, y era del señorío de los Obispos.A misteriosa e incógnita Valura (57)
Los lindes de la provincian eran los siguientes. Dividiala de Asturias el río Eo, al entrar en Mondoñedo por la tierra de Miranda y en el lugar de Conforto formaba los linderos por espacio de 3.5 leguas, en la ría de Ribadeo. Desde el extremo occidental de ésta seguía la costa hasta la Estaca de Bares. A una legua al O. de la misma comenzaba la separación de N. a S. con la provincia de Betanzos durante seis leguas pasando por Loiba, Mogar, Couzadoiro y Freixo. A media al SO. del monte Viso ya era la separación con la de Lugo, torciendo hacia el Eo, faldeando los montes de Bouzas, Picos y Carvasín por su Sur; tuerce otra vez 1,15 leguas por Lousada, falda oriental del monte Taxoso y lugar de Carballido (todos tres de Mondoñedo), hacia el cual daba una pequeña vuelta y seguía la divisoria 2,5 leguas al SE por Baroncelle, Arbol y Bazar (también de Mondoñedo), atravesando el río Anllo. Volvía a torcer luego al NE, cruzando los ríos Beán y Miñotelo, el primero en Tierra de Balura, inmediación de Villarente y el segundo por cerca de Gueimonde. De aquí iba al lugar de Alvare y Vilaboa (Lugo), y una legua al E, de la segunda, cerraba la división con Asturias.


Salve Valuria!

NOTAS:
CARRÉ ALDAO, Eugenio.- Apuntes sobre Mondoñedo. El Ideal Gallego, 15/10/1921.
LUCAS LABRADA.- Descripción económica del Reino de Galicia. Ed, Galaxia, Vigo. 1971.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES