Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De centauros a maquinistas (9)

martes, 16 de mayo de 2023
De centauros a maquinistas (9)
.../...
¡Os coches están parindo nenos!

-Ven á ventá, apresúrate, que eses autos da rúa están parindo nenos!

-¡Este si que é un milagre!

-Non é tal se miras para a nosa esquerda: Esa gardería agarda por eles...

Con exquisita puntualidade deron en vir coches, e máis coches, e nos coches, nenos, que, de apeados, dirixíronse á gardería.

-Muller, alédate, que xa non imos deixar o mundo baleiro... Aquel pesadelo de onte, aqueles automóbiles inmóbiles hoxe foron buscar nenos, e aquí os temos, con seus pais, aledándonos os ollos... ¡As máquinas deron crías!

¡Deus, que goce e que responsabilidade isto de criar nenos! A parte negativa está en que os pais traballan, ¡traballan ou o intentan!, e os avós, de vellos, outros nenos, pero inactivos, como pouco prostrados nas súas cadeiras!

-.-

Tamén os tivemos nas aldeas: aqueles fumadores das follas secas das dedaleiras ou tróqueles, digitalis purpúrea, ás que eu chamaría "campás de defunto", e non só pola forma senón, e tamén, polos seus efectos, pola súa potente acción cardiotónica dese glucósido.

Na guerra de España, e tamén despois dela, co tabaco racionado, maiormente os vellos, non paraban de recoller follas dos tróqueles que, con papel de fumar ou con cachimbas, dábanlles un pracer ben visible: como xa levaban purgado, íanse directamente ao Ceo.
De centauros a maquinistas (9)
As guerras é o que teñen, as de antes e tamén as de agora, que tamén causan desgracias invisibles, non detectables nin co Pegasus.
-.-

Un bombeiro non chega: Estes fogos so se poden apagar..., queimando aos incendiarios! Ándame na cabeza que xa está o inferno saturado, así que os diabros decidiron emigrar..., e volver á terra!
Foron terribles aquelas do XX, pero as de agora, estas do XXI, son unha ampliación do inferno.

¿Cal é a causa? ¡Está claro: a soberbia, a soberbia que volve ao Paraíso, de tan soberbios que nos puxemos cos dons que nos foi cedendo o Creador! Aqueles avós, aquela Eva, aquel Adán, non se conformaban co que tiñan e..., fixéronlle caso a Lucifer! Pois..., a historia repítese!

Comezamos co descubrimento da luz eléctrica, e tan mal uso fixemos dela que agora, coa luz artificial, apagouse a do sol, e utilizamos a noite para facer maldades. ¡Na nosa soberbia non nos chegaban as horas do día!

Demos en facer rañaceos, ¡outras torres de Babel!, para coller o Ceo coa man, pois o de facelo coas obras de misericordia..., demodé!

Cansos de falar sos, e de facer sinais coas bandeiras, inventamos o teléfono, a radio, a tele..., pero non foi abondo, que tamén quixemos espiar, tanto aos amigos coma aos inimigos, e con iso..., o Pegasus!

¡Que razón tivo o noso Curros Enríquez cando puxo en boca de Deus aquilo de que... "Se este é o mundo que eu fixen, que o demo me leve!".
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES