Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De centauros a maquinistas (8)

martes, 09 de mayo de 2023
.../...

¿Onde está a xente, hoxe? ¡Por excepción, na praia, non, que tocaron a defunto, así que están, dentro, ou todos fóra, o barrio enteiro! ¿Iso...?
De centauros a maquinistas (8)
"O que se levanta tarde, nin oe Misa nin come carne" Iso, por que? Explicábao meu avó: - O que se levanta tarde é porque trasnoitou, ¡a xolda!, e con iso, a pereza, así que non chegará a tempo, nin á Misa nin á mesa, que xa non quedarán indulxencias, e carne tampouco", daquela que se vendían os xamóns..., para paga-la contribución!

A miña dona e máis eu, que adoitamos ser os primeiros, arestora estamos de camiño, e por iso non saímos na foto. ¿Os veciños, os outros fregueses? ¡Uns fóronse de "fin de semana", nos autos aquí aparcados, e o resto..., sabido é: ¡xolda!

As misas todas son guapas, ¡unha xolda celestial!, porque baixa Xesús, aquel das Vodas de Caná, aquelas de Galilea, e quédase connosco, no viño, pero tamén no pan! O único repugnante das misas anteriores á pandemia estaba, era, aquela..., ¿blasfemia?, de darse a paz na punta, coa punta, dos dedos! Fariseísmo actual, actualizado. De pouco servía que o Celebrante nos recordase aquela orde, terminante, rotunda, do Mestre: "San Xoán l5, 12-14: Este é o meu mandamento: que vos amedes uns a outros, como eu vos amei. Vós sodes amigos meus e facedes canto eu vos mando". ¿Facémolo? Daquela, non, e menos mal que veu esa pandemia, que nos fixo baixar a cabeza!

Agora que todo se mide por estatísticas, gustaríame saber onde entra máis xente, se na igrexa ou nos autos!

¡Ai que ver como presumen os fillos dos políticos, e que pouco o fan os fillos de Deus!
-.-

¡A traxedia de Santiago, no xeográfico; a traxedia de España, no campo das responsabilidades! ¿Como? Simplemente, polo noso afán de chupar cámara: Obras mal planificadas e mal adxudicadas; presas en inaugurar; febres de inauguración; ¡febres, en definitiva! ¿Que a obra custaba algo máis sen esa curva? ¡Coa curva custou, entre mortos e mutilados, entre mortos e lesionados a perpetuis, un cento, un cento de vidas, un cento de españois! ¿Que era máis barato? ¡Sen dúbidas botar, botar con “b” aos causantes da causa remota, pois, habendo causas remotas, prístinas, o pecado grave sempre foi o orixinal, por impune que quede o pecador/os pecadores!

¿Agora, que? ¡Agora, rezar, pois o de escarmentar…, o de escarmentar, acaso, na próxima xeración!

Dentro están/estaban, ¡como non!, a Eva, co seu Abel; ¡sempre Eva, e sempre Abel! ¿Dúas persoas? ¡Si, pero máis ben dous símbolos desta humanidade inhumana! ¿Non quedou ninguén fóra; todos dentro, de xeonllos? ¡Fóra quedaron os cans, admirados de tanta estulticia, de tanta burremia, de tanta imprevisión, de tanta superficialidade! Tan escandalizados estaban, que alzaron os ollos; ao ceo, non; ao Ceo!
De centauros a maquinistas (8)
Volvéronse, os tres, para ve-la xente que entraba na igrexa, á vez que se dicían, no seu idioma, claro, pero o Pegasus ata aos cans traduce:

-¡Estes humanos, que nos teñan por cans, e fan o que non faría ningún de nós: presumir, presumir de ideas, presumir de feitos, presumir de avances científicos…!

O máis novo, o fillo do can e da cadela, atreveuse a comentar:

-¿Por que será que sempre andan dicindo panxuminadas coma estas: ¡Que perra vida! ¡Que vida tan perra! ¡Que perra é esta vida que nos tocou vivir?

A cadeliña, tan prudente, educando prudentemente no seu gromo:

-¡Non lles fagas caso, nin te doas deles, que sempre recollen o que sementan, esquecéndose de que, no pecado vai a penitencia! ¡Non che son da nosa raza, senón dunha inferior, concretamente da canis lupus! O que temos que facer, nós, para que non nos confundan con eses detritus, é portarnos ben, non ladrarlle ao próximo; esixirlle, si, pero ladrarlle, non! Insisto nesta lección: No pecado sempre vai a penitencia, así que, non as fagas, non as temas! Cando se fan ben as cousas, se hai accidentes, serán poucos, serán menos, serán cativos nas súas consecuencias.

-Daquela, mamiña, os cans non erramos?

-Os cans témosche un olfacto magnífico, e chéirannos de lonxe as consecuencias; o home tamén ten nafres, e ollos, e din que incluso intelixencia, pero…, adora un ídolo falso, que o leva ao barranco!

-¿Un ídolo falso, e mais entran nas igrexas? ¿Como lle chaman, como é…, para non caer nesa idolatría!

-Nós, non, que non o temos, nin o fabricamos, nin o gañamos, e menos adoralo: ese ídolo é pecuniario, séxase, animal, e chámanlle, de mal nome, diñeiro!

O cadeliño, convencido:
-¡Me cago no diñeiro, e de paso, no seu inventor!

-Non filliño, que o diñeiro, en si, non é malo; o malo é a avaricia, esa febre dos humanos, que o cobizan con loucura, sexa, ou non, ben gañado!
...
Non quixen oír máis, que me sentín avergoñado, e xurei que nunca, nunca xamais, volverei a queixarme desta vida perra..., tan merecida que a temos!
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES