Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bater o Record

lunes, 12 de enero de 2009
O “feismo” é un termo de recente invención que, se ben aínda non existe un acordo xeralizado acerca do significado exacto do mesmo, de certo grupo de expertos en urbanismo e arquitectura que de unha década a esta parte o veñen utilizando como expresión de situacións aberrantes, saltou á linguaxe popular e hoxe se escoita a cotío... En todo caso o feísmo fai referencia á percepción sobre materia urbanística, medioambiental, paisaxística e social, e foi definido como “o conxunto de construccións ou obras humanas que degradan dalgún modo o seu entorno”.

Nun tratado sobre feismo, que nós consultamos, dise que certos elementos arquitectónicos presentes nas manifestacións do feismo permiten establecer unhas constantes mais ou menos regulares, entre as que poden considerarse: a coexistencia non armoniosa de estilos e a mestura de materiais constructivos; a ausencia de alineamento nas edificacións; a convivencia de distintas alturas nas edificacións ou éstas sen rematar, ou que a súa construcción se dilata durante décadas; a interrupción gratuita da visión da paisaxe… Dise tamén que a causa do feísmo non debe buscarse na pobreza, a necesidade ou a crise económica, senon mais ben ó contrario, pois algúns exemplos de feísmo son construccións de gran custo económico. Entre outras, o estudo sinala como causas a extendida falta de interese pola arquitectura popular e a forte especulación urbanística e do chan. E preguntamos, ¿e cando se trata de unha obra institucionaL, coa que é de supoñer que ninguén especula…?.

O feismo é, sen dúbida, un mal enraizado no chan galego, aínda que non por igual en tódolos pobos. Posiblemente Foz teña a moi dudosa honra de ser un dos que baten o record. Esa é, cando menos, a “vox pópuli” Non hai moito tempo, o xornalista e escritor Henrique Alvarellos publicaba en distintos xornáis galegos -entre eles El Progreso- un comentario sobre o tema e en cada unha das provincias sinalaba un pobo como mais destacado nesta faceta, distinción que lle outorgaba na de Lugo a Foz.

Por se a sentencia de Alvarellos ofrecía dúbida, Costas ven a darlle a razón coa aberración que está cometendo na Ribeira. Os focegos podemos estar tranquilos: ninguén nos vai arrrebatar tan preciado galardón.

Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES