Médicos en folga
Xiz, Xulio - lunes, 01 de mayo de 2023
Neste tempo propicio para folgas e manifestacións é perfectamente lícito que os médicos se poñan en folga na defensa dos seus dereitos, aínda que esta folga ocasione trastornos ben diferentes dos que orixinan as da limpeza, do ensino ou do transporte.
Por unha mínima intervención no Hula, atopeime coa folga, e acepteino coa resignación do caso, contemplando a protesta de quen vía anulada por terceira vez unha intervención, tendo que pedir días libres no traballo e viaxar desde lonxe.
Aquel día contemplei a manifestación de médicos, con batas brancas, pitidos e consignas, e algún chip avisoume da non coincidencia da imaxe que teño dos Señores da Saúde con manifestantes coreando protestas.
Aceptamos proclamas de gandeiros, obreiros, funcionarios, sindicatos
por estimar que non teñen outro xeito de expresar a súa protesta. O dos médicos custa asumilo, como é difícil comprender que os profesionais da xustiza se manifestasen berrando cando o seu é a palabra xusta, o estudo da Lei e, se fixese falla, a confección colectiva dun recurso maxistral que fixese tremar á Administración, caer ao Ministro e revolucionar o aparato xudicial.
As eleccións non acelerarán procesos retrasalos, tampouco -, pero os nervios están a flor de pel, os políticos máis receptivos, as solucións semellan máis doadas, e as folgas son un dereito
Hai paises que fan folga traballando máis. Eu avogaría polas folgas en silencio, mesmo tendo en conta que as procesións dos Caladiños son as que nos calan máis fondo.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora