Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Difícil papeleta en Fene

viernes, 09 de enero de 2009
Todos sabemos que as administracións, eminentemente ordenancistas, teñen unhas canles de traballo, unha lexislación, unhas formas e uns procedementos que obrigan a un xeito determinado de actuar.

Moitas veces os gobernantes poden verse tentados de tirar polo camiño do medio, aínda do xeito máis honrado, buscando o mellor para os seus administrados e na percura do ben común. Pero as normas non o permiten.

A fiscalía provincial da Coruña imputa por delito de malversación de fondos e falsidade documental ó ex-alcalde de Fene, o nacionalista Rivera Arnoso por certificar o remate dunha obra sen concluir.

Os prazos remataban, había o perigo de perder unha obra de interese para o concello, e certificou o remate dunha obra que aínda non estaba finalizada.

O Bng de Fene respalda o antigo Alcalde no que consideran unha medida límite administrativa para que non se perdese unha subvención. E así está o tema.

É difícil a situación. Está o tema do ben público, que se pretende salvagardar. Está a letra da normativa que non se cumpre. E un partido político, con responsabilidades de goberno en Fene, en outros concellos e na Xunta de Galicia, que respalda unha ilegalidade.

A papeleta é difícil de resolver. A Xustiza dirá a última palabra neste caso. Pero para o futuro son os políticos os que teñen que estudar, plantear e aprobar unha normativa sensata, sinxela e realista que se axuste a todas as fiscalizacións posibles, que evite tanto trámite e papeleo absurdo, e que igualmente demostre a limpeza de todo o que se executa nas administracións públicas. Difícil papeleta tamén, pero necesaria e urxente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania