Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xurados do Certame Vilarinhas 2023

miércoles, 26 de abril de 2023
A Nova Poesía Guitirica NPG xa ten designado os xurados da VII Edición do Certame Vilarinhas.

Xurados do Certame Vilarinhas 2023Na categoria de adultos serán María Xosé Lamas, Emilia Martinez Fuentes e Jacobo Sánchez Quintela JAKI actuando como secretario sen voto Antón Tenreiro (Antón de Guizán).

Nas dúas categorías escolares profesores/as do IES Diaz Castro xulgarán as vilarinhas do IES Basanta Silva e profesorado do Basanta Silva xulgará as vilarinhas do alumnado de Guitiriz. A participación do alumnado de primaria do CEIP Lagostelle será sen concurso.

O prazo de entrega rematará o día 3 de maio ás 14:00 horas.

As Vilarinhas (micro-poema de mínimo dous versos e máximo 3 con imaxe) terán dois prêmios por categoría que recibirán unha pesa feita a man pola artista Viki Rivadulla. As creacións poden enviarse ao correio npggazeta@gmail.com indicando nome ou pseudónimo e um número de contacto.

O fallo dos citados farase público o 17 de maio Día das Letras Galegas e a entrega de premios será dentro das actividades do III Festival de Poesía Guitirica coa entrega tamén do prêmio de poesía Xosé María Díaz Castro.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES