O timón da vida
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 27 de abril de 2023
Para controlar o timón dun barco, débese ter a Licenciatura en Náutica e Transporte Marítimo, ademáis de facer un curso e obter o título correspondente outorgado pola Prefectura Xurisdicional de todo un país ou da Plataforma de Trámites a Distancia.
¿Podemos imaxinar o rumbo que pode coller unha embarcación se o timonel non ten a preparación adecuada?
Pois... LEVAR O TIMÓN DE VIDA PERSOAL TAMPOUCO NON É NADA DOADO.
Parece que debía ser doado porque non se esixe ningunha titulación, nin tampoco unha capacidade intelectual especial.
Pero...
¿HAI ALGUNHA EMPRESA MÁIS IMPORTANTE QUE A VIDA PROPIA?
Hai persoas que o teñen claro e empezan a tomar medidas no momento que deciden formar unha familia:
Ter un traballo que permita cubrir os gastos básicos é necesario.
Dispoñer dun teito onde: dormir, rir, chorar, discutir, amar... tamén.
PERO O MÁIS IMPORTANTE É TER SENTIDIÑO:
-TER SENTIDIÑO Á HORA DE SABER CONVIVIR: somos tan diferentes que, en ocasións, resulta difícil comprenderse.
-TER SENTIDIÑO Á HORA DE PRIORIZAR: O principal é primordial, o resto é secundario.
-TER SENTIDIÑO Á HORA DE ADMINISTRARSE: Hai cousas importantes e necesarias e outras das que podemos e debemos prescindir.
-TER SENTIDIÑO Á HORA DE ACEPTAR OS FRACASOS:
Paciencia, moita paciencia.
A veces fai falta tanta paciencia como a do santo Xob.
O que ten remedio, non é problema.
O que non o ten, hai que aceptalo.
-TER SENTIDIÑO Á HORA DE EDUCAR A DESCENDENCIA: Para que respecten as diferencias, conserven os bos modais, colaboren no fogar e cultiven o afán de superación intelectual e espiritual.
-TER SENTIDIÑO LEVANDO UNHA VIDA HUMILDE E SENCILLA: A soberbia lévanos á perdición. A fanfarronería non conduce a ningunha parte que mereza a pena.
-TER SENTIDIÑO Á HORA DE COIDAR A NOSA SAÚDE FÍSICA E MENTAL, SEN DESCOIDAR A ESPIRITUAL:
A saúde física é o primeiro que desexamos; pero a saúde mental non é menos importante.
Ter a cabeciña ben amoblada, é de suma importancia para ir pola vida con dignidade.
¿E que decir da vida espiritual?
Pois que é o melloriño. Se nos falta a ética, fáltanos todo.
Os crentes decimos que temos unha alma que salvar; pero os que se confesan ateos tamén levan inscrita a lei natural no seu corazón.
Resumindo: A VIDA É DIFÍCIL, NA VIDA NON HAI NADA DOADO.
Pero...
Aínda que pareza mentira son moitas as familias capaces de cumprir estes obxectivos porque están convencidas de que:
-A infancia ten capacidade para adquirir os principios que lle permitirán medrar física, mental e espiritualmente.
-Se a infancia leva unha boa base; a xuventude xa ten moito camiño andado. Son moitos os xoves que se van labrando un futuro prometedor e aínda que se lles presenten problemas, saben que con constancia e tesón todo é posible.
-Para os adultos evitar que o timón nos desvíe o camiño previsto é difícil pero non imposible:
Ademais de ser o sostén económico da familia, debemos acompañar no seu crecemento á xente nova; sen descoidar a xente maior que poida haber na familia.
TÓDALAS ETAPAS DE VIDA SON ENRIQUECEDORAS.
En tódalas etapas cómpre agarrar forte o timón para que poidamos colaborar con noso grao de área á construcción dese mundo mellor ó que todos aspiramos.
Ó longo da Historia da Humanidade vanse resolvendo moitos problemas; pero sempre quedan moitos por resolver.
"PROBLEMAS POR RESOLVER"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora