Haikus diante da morte
Silva, Manuel - lunes, 24 de abril de 2023
Diante da morte
non fuxas. Míraa ben.
Fronte a fronte.
_______
Sen medo á morte.
Ten medo só á vida
e máis ós vivos.
______
Que non che gañe
a gadaña a partida.
Sega ti antes.
_______
E cando teñas
que pasar ó alén...
Arrastra. Trunfa.
_______
Non tivo medo
a toparse coa morte.
Sacouna a bailar.
_______
Amais dos corpos,
nos cemiterios enterran
moitas máis cousas.
_______
No camposanto
o silencio dos mortos...,
moi elocuente.
_______
No crematorio
queiman corpos, cobizas,
trunfos, fracasos...
_______
Disque San Pedro
ten oxidada a chave
da porta do ceo.
Silva, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora