Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (55)

viernes, 21 de abril de 2023
Os Valuros, recadadores da Igrexa

A misteriosa e incógnita Valura (55)Agora si que xa sabemos, grazas a Lence Santar, e ás súas investigacións sobre os Valuros, relativas ao Arquivo do Hospital de Santiago, quen eran os Valuros que, como nos dicía Mato Vizoso, nun texto xa visto con anterioridade, como aparellaban as eguas durante uns tres meses de verán para ir, segundo el, "á Valura".

O antedito, Mato Vizoso, cubría de misterio as xentes valuras ao saber que ían pedir, mais non sabiamos para quen pedían, parecéndonos que o facían para eles mesmos ao mesmo tempo que enganaban a xente, outrosí o misterio que nos producía o que el comentaba, agrandábase moito polo feito de que, sempre segundo el, tiñan todo calado os seus parroquiáns, como se fosen facer algún mal que sería necesario calar e tapar por propios e alleos.

Pois ben, non sucedía nada diso, vexamos o artigo de Lence Santar:
Durante los siglos XVII y XVIII eran muchos los individuos de la "Terra Cha" y de las parroquias inmediatas que, como "ministros y familiares" del Real Hospital de Santiago y con poder de este establecimiento, recorrían las diócesis españolas pidiendo limosna para el mismo, publicando la "Real Cofradía del glorioso Apóstol y patrón Santiago", fundada en él, e inscribiendo en la Cofradía a las personas que lo solicitaban.

A Arquiconfraría do Apóstolo Santiago nace no ano 1499 por unha bula do papa Alejandro VI, autorizando aos RRCC á construcción dun hospital para os peregrinos.

A partir do século XVI, a tendencia das Confrarías moveuse máis sobre a práctica da caridade coa fundación de hospitais e centros de acollida, pero son os séculos XVII e XVIII o momento no que a "Real Cofradía del glorioso Apóstol y patrón Santiago", deixa que os valuros pedisen para ela, porque os VALUROS e os seus familiares -que quede isto claro-, eran nomeados MINISTROS do Real Hospital de Santiago, establecemento que lles outorga un poder para pedir e para percorrer España e Portugal solicitando esmola para o citado Real Hospital, pero non para eles mesmos, que dunha maneira aleivosa pensaba Mato Vizoso, tratándoos incluso de tunantes, cando o que os valuros fan é o de ser recadadores da Igrexa, inscribindo na citada Confraría as xentes que o solicitaban e actuando de comúns recadadores, demandando esmolas nas dioceses nas que tiñan un poder outorgado, e soamente nesas.

Os Valuros, xa que logo, estarían supervisados polos relixiosos e se se quedaban con parte do diñeiro recadado, non eran, por así dicilo, contratados como ministros, para outros anos.

Temos, pois, que romper unha lanza a favor dos Valuros, que tan maltratados foron ao longo dos séculos e que, o mesmo Mato Vizoso, trata de esconder e presentar como desprezábeis na súa profesión de esmoleiros, mais de esmoleiros da igrexa.

Salve Valuria!


NOTAS:
LENCE SANTAR.- HERALDO DE VILLALBA.- Os Baluros. Año XV. Número:274, 30 de agosto de 1930.
ARCHIVO DEL HOSPITAL DE SANTIAGO.-Mazo de la Cofradía de Santiago.- Libros titulados “Poderes para demandas desde 1667” y “Registro de poders y obligaciones para la extensión de la Real Cofradía de Santiago de los años 1732, 1733, 1736,1737, 1738, 39, 40, 41 y 1742.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES