Foz: 50 anos de cabalgata
Fernández, Suso - miércoles, 07 de enero de 2009
Contan as crónicas que foi na cidade de Alcoi onde por vez primeira se celebrou en España unha cabalgata de Reis en 1855; vinte anos mais tarde a seguiría a localidade de Ibi, próxima a aquela. Polos anos 30 do século XX interrumpíronse estas celebracións que se retomarían na década seguinte e que con grande celeridade se foron extendendo polas cidades e as vilas de todo o estado.
Habería que esperar algún tempo a que éstas arraigasen na nosa bisbarra; polo que a Foz se refire cómprense este ano as vodas de ouro das mesmas: efectivamente foi polo nadal de 1959 cando as SS. MM.visitaron por vez primeira a vila e naquela ocasión o fixeron procedentes de Ribadeo, que tras facer o percorrido polo pobo veciño se desprazaron a Foz para regocixo dos seus veciños, nenos e adultos, que disfrutaron do que entón era unha ilusionante novidade: todo o pobo botouse á rúa, así como a flota de coches particulares (¿serían seis?) que os seguiron dende ó garaxe da Renfe ó bar Nautico, no vello edificio de Socorros Mútuos, lugar que hoxe ocupa a cafetería dos xubilados.
O acompañamento musical da xornada era todo un luxo: nada menos que a famosa
rondalla mindoniense do Pallarego, aquel singular personaxe, músico e barbeiro,
mestre e organizador de coros e orquestras, que convertira a súa oficina (lugar onde se exerce o oficio, según Manuel María) en ágora cultural, lugar de xuntanza de tanto
artista e intelectual que se prodigaba na cidade episcopal, cuia escola de música leva o
seu nome. Na nónima de rondallistas figuraba un focego: Chicho de Botes, que entón
encetaba a súa vida profesional na sucursal mindoniense do Banco da Coruña, mais
tarde de Bilbao. Chicho tocaba o violín.
Os ribadenses acudiran a Foz porque aquí non se contaba coas vestimentas oportunas;
seria ó ano seguinte (1960) cando se estrearon xa en propiedade e polo tanto se contou
con reis autóctonos, que foran encarnados naquela ocasión por Javier Morán; un
personaxe foráneo residente na vila, chamado Terencio, e este cronista. Era o punto de
partida dunha celebración anual que non tivo interrupción e que, ó longo do termpo se
fixo tradicional... Hai cincoenta anos.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora