Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Volver a Galilea'

miércoles, 19 de abril de 2023
Interesante a invitación que fixo o bispo de Ferrol, Don Fernando García Cadiñanos, no artigo de Ferrol Diario CELEBREMOS A PASCUA como unha plática para os crentes da Pascua de Xesús, coa vitoria sobre o fracaso da Pasión, Xesús resucitado dálles aos seus discípulos o mandato de "volver a Galilea". Recollo esa invitación, aínda que sexa abusando un pouco, de irmos a Galilea é animarnos a emprendermos o camiño para pór en práctica o Evanxeo. Deixando o espectáculo de Semana Santa, sírvenos a nós tamén esa visión de "volver a Galilea" de termos en conta varias reflexións e anhelos da historia, da nosa vida e do noso convivir en Ferrol.

En primeiro lugar, agradecémoslle a súa plática na nosa lingua galega. Esa opción do seu esforzo en pórse en camiño a carón da xente vaillo agradecer cando un que ven de fóra, é un dicir, vostede xa está dentro polo que se ve, xa nos dá esa sintonía da lingua. Iso para nós xa é un grande paso. Asemade xa tén un precedente importante nun predecesor seu, Miguel Anxo Araúxo, de feliz memoria.

Aproveito tamén nesta faceta de volver a Galilea no caso da procesión do Cristo dos Navegantes. "Non se pode negar, -di o bispo devandito- que a Igrexa Española se puxo de parte de Franco. E isto non deixa de ser un pecado do que ten que pedir perdón aos españois". Teñen que saber as autoridades das Forzas Armadas que levar a Cristo Crucificado por un "Lugar do Martillo", onde precisamente se cumpriron moitas penas de morte polos golpistas, apareza desa forma un desaxuste ou contradición entre as vítimas do franquismo nese lugar e a vítima propiciatoria de Cristo. A Lei da Memoria Democrática e a boa intención da Igrexa e das autoridades civís e militares saquen as consecuencias para que esta historia "nunca máis se repita".

Volver a Galilea, tamén lla aplico á outra autoridade de Ferrol. O Alcalde debe ter en conta que os compromisos hai que cumprilos. A base do MONUMENTO EN LEMBRANZA DAS PERSOAS QUE POLA SÚA DEFENSA DA LEGALIDADE REPUBLICANA E DAS LIBERDADES DEMOCRÁTICAS FORON VÍTIMAS DA REPRESIÓN FRANQUISTA EN FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL 1936-1975, está sen facer, cando a súa construción foi aprobada solemnemente nun pleno presidido por vostede, vai para dous anos. Só falta a base, misión exclusiva súa. Esperamos que cumpra a súa palabra. Pois a Comisión Pro Memorial das Vítimas vai celebrar, o venres 28 deste mes, a homenaxe no Jofre a estes heroes, sen vermos aínda o Monumento ergueito. Que máis quer que lle diga, señor Alcalde.
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES