Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Lugo a Ourense, Conde

miércoles, 07 de enero de 2009
Unha das primeiras aparicións públicas de Mario Conde foi hai moitos anos en Lugo, con motivo da Ofrenda anual ó Reino de Galicia, un ano no que lle correspondeu a Tui a Ofrenda como cidade do antigo reino, e Mario Conde aparece nas fotos levando o cofre de prata no que se garda o producto económico desta ceremonia.

A última, por agora, en Ourense, o pasado decembro no que veu dar unha conferencia á Camara de Comercio, sobre “Una visión de la Economía en el contexto actual”.

Entre unha e outra comparecencia pública unha vida non moi longa pero sí intensa deste avogado do Estado, financieiro, e arriscado home público con métodos pouco ortodoxos que consigueu polo seu traballo e actividade pública doutorados honoris causa e estancias no cárcere, pero que tiña conseguido o beneficio do silencio e a pública ignorancia do seu actual paradeiro.

Quizás sea persoa Mario Conde ben indicada para explicar como está a economía no actual contexto e como se chegou a esta situación, e aínda quizás que fórmulas se poden empregar para pasar a unha situación de normalidad como a que coidamos disfrutar non hai moito tempo.

Porque a traxedia da economía ten actores singulares, inocentes ou viláns, ladróns de branca luva ou mafiosos de gran porte que, manexando os fíos invisibles da economía, inaccesibles ós manexos da inmensa mayoría, fan e desfán ó seu antollo deixando como simple afeccionado ó banqueiro que soñou ser un dos grandes sen darse conta que a mesma grandeza provoca á Lei da gravidade.

De novo está Mario Conde en activo. Haberá que estar atentos ó que diga. Polo menos xa sabemos que el tan só foi un aprendiz de bruxo das finanzas nun mundo cheo de insolventes. E estafadores. E incapaces.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania