Paz e tranquilidade
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 20 de abril de 2023
¡Canto benestar encerran estas dúas palabras!
¡CANTO AS NECESITAMOS!
Vivir en paz con un mesmo xa ten as súas dificultades porque a vida presenta moita incertidume e moitos sobresaltos.
E vivir en paz cos semellantes aínda ten máis complicacións.
Pero, por moi difícil que sexa, debemos intentalo por tódolos medios.
Non podemos conseguir unha paz absoluta; pero momentos inesquecibles de paz, si.
¿CÓMO BUSCAR ESES MOMENTOS INESQUECIBLES DE PAZ?
- Levando a paz no pensamento e no corazón.
- Reservar un tempo para un mesmo, cada día.
- Facer relaxación e meditación sempre que teñamos ocasión.
- No caso de persoas crentes tamén é bo facer oración abandoándose nas mans de Deus para que El dispoña da nosa vida según a súa vontade.
¡ESTO DÁ UNHA PAZ INCRIBLE!
Calquera momento é bo para encontrarse con un mesmo e disfrutar de instantes de paz, sempre e cando, se leve na mente no corazón.
A PAZ, A PARTE DE SER UN VALOR MOI PREZADO, É UNHA NECESIDADE PARA TODOS:
-AS CRIATURAS NECESÍTANA porque levan un ritmo de vida moi estresado.
Estamos educando a infancia para competir en lugar de educala para compartir.
Creamos seres egocéntricos en lugar de persoas altruístas.
E o peor de todo é que non somos conscientes do mal que lles estamos facendo...
Hoxe en día, moitas criaturas nin siquiera teñen irmáns cos que compartir, viven moi centrados na tecnoloxía e en moitos casos xogan a distancia.
Estanse sustituíndo as relacións interpersoais de toda a vida por outras dixitais.
Unhas non deberían quitar as outras, penso eu...
- QUE OS ADULTOS NECESITAMOS A PAZ É BEN SABIDO POR TODOS.
Bombardéanos a vida polos catro costados: a familia, o traballo, a carestía da vida, a hipoteca, os impostos, a política, a guerra...
PARA A FAMILIA: nin dispoñemos do tempo suficiente, nin moitas veces da economía necesaria para levar unha vida digna.
Noutros tempos educábannos para sacrificarnos e para ser abnegados á hora de loitar por levar unha vida mellor.
Pero hoxe en día os obxectivos son outros: hedonismo, materialismo, consumismo, pracer a primeira vista...
O materialismo e o consumismo son dous cabalos de batalla que dan moito que facer e que non producen tanta satisfacción como aparentan:
Crean apego á materia e, polo tanto, escravitude.
A materia escraviza e priva de liberdade.
NON SOMOS TAN LIBRES COMO NOS PARECE...
A proba está en que:
Deberíamos disfrutar de máis paz que nunca porque temos moitos máis medios dos que tiveron os nosos ancestros...
Pero non é así porque a vida preséntanos outras necesidades ben diferentes que nos alteran a paz e a tranquilidade necesarias.
SEMPRE HAI QUE LOITAR, DUNHA OU DOUTRA MANEIRA, HAI QUE SEGUIR ESFORZÁNDOSE EN TÓDOLOS TEMPOS.
A tecnoloxía ten moitas ventaxas, pero tamén moitos inconvintes.
Somos moitas as persoas que temos dificultades para poñernos ó día porque todo cambia dun instante para outro.
Unha cousa que hoxe se fai así, mañá xa se fai doutra maneira.
O que antes era un valor, agora deixa de selo.
¡QUE COMPLICACIÓNS TEN A VIDA!
Vivimos nuns tempos nos que acadar paz e tranquilidade non é nada doado.
Pero son unha necesidade e polo tanto, moitos témolo claro.
Somos moitas as persoas que conservamos a serenidade porque nos parece máis necesaria que nunca antes de: ver, analisar e actuar.
AFORTUMANDAMENTE SOMOS MOITAS AS PERSOAS QUE NOS CENTRAMOS NO QUE NOS PARECE VERDADEIRAMENTE IMPORTANTE: SER FELICES CONSTRUÍNDO UN MUNDO MELLOR PARA TODOS.
Aínda quedan moitas persoas que saben discernir entre a verdade e a mentira.
Aínda podemos confiar en persoas pacíficas e tranquilas que conservan nas súas mans o timón da vida.
"O TIMÓN DA VIDA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora