Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Atrapa os teus soños

lunes, 17 de abril de 2023
A filosofía xaponesa está a invadirnos imperceptiblemente. Notámolos en pequenas e grandes cousas que recibimos do país do sol nacente. Unha das últimas que xa circula entre nós é o modo de vida "ichigai" que practican os habitantes da pequena illa de Okinawa, o lugar do mundo onde posúen as maiores taxas de lonxevidade, cunha sorprendente concentración de persoas centenarias.

A idea que está detrás deste concepto é atopar un "propósito de vida" ou "razón de ser" que nos axude a gozar do que facemos para conquistar a felicidade e facer felices aos demais. Esta sinxela fórmula desenvólvese a través de dúas ideas: que cada persoa realice aquelas actividades que dan sentido á súa vida; e, en segundo lugar, atopar a través das rutinas da nosa vida cotiá a paz interior e o equilibrio da nosa mente, desterrando males endémicos en Occidente como o estrés, as présas, as ansias de poder ou riqueza material.

As leis que rexen esta filosofía de vida son tamén simples. Todo comeza convidando a que cada persoa atope o seu soño e loite día a día por realizalo. A segunda regra é a de manterse sempre activo tanto a nivel mental como corporal, pois a conquista dun soño é custosa, e debemos prepararnos levando unha vida saudable: comer san e sen saciarse, camiñar pola natureza, estar disposto a aprender sempre cousas novas dos demais, e, sobre todo, tomarse as cousas con calma e ter un sorriso nos beizos.

Logo está o alto propósito de compartir a vida cos demais cun espírito de servizo desinteresado, algo tan afín á mentalidade xaponesa, na que a comunidade conta máis que o individuo. Seguir o ikigai é, en definitiva, dar grazas á vida que, como di a canción, "nos ha dado tanto", aumentando así nosas reservas de felicidade e calidade de vida. Haberá que probar!
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES