Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Matrimonios de conveniencia

miércoles, 07 de enero de 2009
O matrimonio libre entre dúas persoas, legal e materialmente, é o froito dun acordo razoado e firme, que se estima duradeiro, e reafirma a súa forza co paso do tempo, independentemente da fórmula ou procedemento empregado para a súa constitución.

Se como fórmula existe desde hai moitos séculos, o matrimonio moderno, precisamente por ser froito de dúas conviccións, é un exercizo de liberdade cada vez máis consciente por voluntario e intervir de xeito directo unicamente os dous protagonistas da acción.

En tempos, os matrimonios eran froito de acordos onde os protagonistas non eran os que ían casar, e eran os pais, titores, irmáns maiores ou calquera parente con responsabilidades familiares os que interviñan no proceso para garantir determinados resultados.

Hai en marcha en Galicia nestes tempos procedimentos xudiciais para averiguar se determinados casamentos son froito do amor ou da conveniencia, especialmente cando unha das partes non ten a cidadanía española e adquírea polo feito dese casamento, de feito fraudulento.

E andan a preguntar polos seus lazos matrimoniais ós que casaron e ós que oficiaron na cerimonia, por se ademais de matrimonios ilegais houbera polo medio inmigración clandestina e falsidade documental.

Porque o que antes era matrimonio de conveniencia -casar por mellorar de fortuna- agora ven ser outra cousa aínda que siga a ser o mesmo: Casar de xeito ficticio para conseguir a nacionalidade do cónxugue e entrar por este matrimonio na sociedade á que doutro xeito non se daría accedido.

Os matrimonios, de amor ou conveniencia, sitúan ós contraíntes nun novo estado ou dimensión. Pero os novos matrimonios de conveniencia, eses que anda a perseguir a autoridade, que costaban ó contraínte extranxeiro 15.000€ e proporcionaban á parte española 3.000, e sustanciosos beneficios ós organizadores son só un fraude e un xeito de burlar a Lei.

O de chamarlle matrimonios de conveniencia non nos parece o máis axeitado. Aínda que agora este tipo de unión foran moito a menos, son totalmente legais. E a fin de contas a Xustiza non deberá nin poderá meterse no tema porque cando a conveniencia anda por riba do amor, os contraíntes levan no pecado a penitencia.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES