Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O maxistrado Daniel García Ramos

jueves, 13 de abril de 2023
A incorporción do idioma galegonos usos xurídicos ten na súa historiografía nomes propios de persoas da maxistratura, fiscalíae profesionais do Dereito que tiveron unha participación decisiva na apertura dun proceso despois de cinco séculos de marxinación.

Téñome referido a esa ampla nómina de xuristas en moitas ocasións. Un dos sobranceiros foi Daniel García Ramos, exmaxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, falecido en 1998. Nado no Concello de A Baña hai 95 anos; terras aquelas coas que sempre se sentíu fondamente identificado, ata o punto de coñecer a súa xeografía con todo luxo de detalles. Recoñecía cada anaco de terra polo seu topónimo, da mesma maneira que o curso do "seu" río Albariña de saudosas lembranzas. A súa capacidade descriptiva quedou expresada no documental "Daniel García Ramos. A forza da palabra", realizado polo colectivo Galeguizar Galicia.

Daniel García Ramos forxou a súa formación xurídica, primeiro, na empresa privada moi brevemente. Despois de preparar unhas oposicións a xudicaturas, o seu primeiro destino foi nun xulgado de Bande e a seguir no d'A Estrada. Anos despois estivo destinado na Audiencia Provincial de Ourense.

Foi un dos iniciadores da asociación profesional antifranquista Xuíces para a Democracia. Eu mesmo fun un protexido do seu recto proceder cando en 1975 fun detido e torturado pola Brigada Político-Social; grazas ao xuíz Moreiras pertencente a esa asociación, que rexeitou o trato que me deran na Comisaría de Policía -ben distinto do despótico Julián Sansegundo, actuando sempre en connivencia cos represores-, instoume a fuxir do xulgado coa axuda do meu avogado Nemesio Barxa. Moreiras para cubrirse en saúde ditou unha orde de busca e captura "porque el detenido mientras prestaba declaración escapó del despacho judicial".

Sendo García Ramos presidente da Sección do Penal e do Civil do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, presidíu o 18 de setembro de 1989 un célebre xuízo a un vicepresidente da Xunta de Galicia, que durou varias semanas. A ocasión aproveitámola para prepararmos a escenificación do primeiro xuízo celebrado enteiramente en lingua galega. Abríu a sesión da vista oral advertíndolles a todas as persoas encausadasnaquel proceso que el expresaríase en galego, facendo uso do dereito que lle outorgaban as leis, valéndosedos servizos dun tradutorque evitaría a indefensión xurídica por razón da lingua empregada. A decisión foi tan acertada que o penalista Andrés de la Oliva, avogado do acusado, que non era galego parabenizouno;mesmo pedíulle desculpas por non podelo falar, pero que non tiña dificultades para entendelo. Danielditou a sentenza en lingua galega. Dado o interese mediático que o xuízo espertara alén das nosas fronteiras, e o feito de que non houbese ningunha crítica por mor do uso da lingua galega desde entón o galego principiou a normalizarse na xudicatura.

Daniel García Ramos foi militante da causa galeguizadora como activo directivoda Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística á que sempre se sentíu vencellado, impartindo conferencias, escribindo colaboracións en publicacións especializadas e participando en foros xurídicos para defender o uso do noso idioma nos procedementos procesuais.

A lecturadun texto que escribira para o libro colectivo "Contos da Xustiza" contando a historia dun preiteante compulsivo que quedou inexplicablemente desgustado por ter gañado un litixio, afeito como estaba a facer apelacións, revela o coñecemento que tiña dos idiosincráticos preiteantes. Un amigo del ao velo cariacontecido lendo a sentenza que lle daba a razón díxolle: "Como podes dicir que te foderon se che dan a razón?. "Mesmo por iso, carallo; agora como apelo!", retrucoulle Manuel de Vilouta. que así chamou García Ramos ao personaxe do seu relato literario.

Os seus amigos e amigas lembramos o entusiasmo que lle puxo á tarefa galeguizadora, porque segundo el dicía déralle un sentido especial ao seu labor xurisdicional. Por iso consideramos a Daniel o precursor da Irmandade Xurídica Galega que tanto leva feito pola galeguización no eido xudicial.

O próximo día 16 de abril, ás 12:30 horas, celebraremos un acto de homenaxe na Casa da Cultura do Concello d'A Baña a quen contribuíu coa súa intelixencia e esforzo abrirllelas portas da xustiza á lingua galega.

Xosé González Martínez, Presidente do Foro E. Peinador.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES