Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outro triunfo de Internet

lunes, 05 de enero de 2009
Internet, coa forza imparable que ten este medio, ven de absorber e facer desaparecer un pilar tan básico da comunicación oficial como o Boletín Oficial do Estado.

Levaba máis de tres séculos sendo imprescindible instrumento para que o goberno do Estado fixese públicas as súas disposicións. Ningunha norma entraba en vigor sen ter sido publicada nas páxinas austeras, sobrias, sen concesión a deseño ou ilustración, do Boletín Oficial do Estado, que co novo ano ven de desaparecer da circulación quedando sustituido plenamente, con “todas as da Lei”, pola súa edición electrónica, en Internet.

Queda parada unha moderna cadea de impresión, deixan de talarse milleiros de árbores, e desaparece un sistema de reparto a organismos oficiais de toda España, máis de nove mil concellos, e ás bibliotecas, notarías, rexistros, avogados, asesores. O mundo do dereito accederá gratuitamente ó boletín estatal a través de internet.

O mesmo acabará por sucederlle ó Diario oficial de Galicia, nas súas versións galega e castelán, e ós Boletíns oficiais das provincias editados polas Deputacións provinciais, teñan ou non privatizado este servizo. Os custos e a realidade farán posible que Internet permita un directísimo servizo informativo a todos os interesados, de xeito totalmente gratuito.

Somos plenamente conscentes do valor da letra impresa, e nada poderá substituir o tacto, a lectura, a fermosura, ata o olor, no disfrute dun bo libro. Eso nunca poderá ter sustituto electrónico por moito que melloren as técnicas.

Pero a publicación diaria de noticias e disposicións, ás que se pode acceder de xeito gratuito independentemente de custos, de acontecementos meteorolóxicos, de distancias, de medios de comunicación tradicionais, pode ter universal seguimento a través deste medio do que sempre se fala en futuro, en futura posibilidade, moitas veces sen darnos conta de que a vida transcurre en presente, e o presente chámase Internet.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES