¿Sociedade madura?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 13 de abril de 2023
Ó longo da historia fomos evolucinando ata chegar ó día de hoxe.
E nos últimos decenios a evolución foi moi acelerada.
Actualmente: os cambios son rápidos e bruscos.
Fai cen anos, ninguén podía imaxinarse como vivimos hoxe en día.
E dentro de outros cen...
¡Quen sabe!
¿Alguén pode dicirmo?
O que si sabemos é como vivimos hoxe en día:
Se nos referimos a España, con ser un dos países "ricos" do mundo:
A brecha entre ricos e pobres faise cada vez máis grande.
¿Non debía ser ó revés?
¿Onde queda a clase media?
- ¿CANTAS HORAS DIARIAS TEN QUE TRABALLAR UN CIDADÁN DE A PÉ PARA GAÑARSE A VIDA?
Moitas, a maior parte da súa vida pásaa traballando.
E se temos en conta que debería dedicar oito horas diarias para repoñer forzas...
¿Canto tempo lle queda para dedicar ó resto das súas necesidades vitais: familia, ocio...?
Pouquísimo.
- ¿EN QUE LUGAR QUEDA A VIDA EN FAMILIA?
Debería se-lo primeiro; pero non.
¿Pode unha sociedade funcinar ben se non ten vida de familia?
Non, porque non somos máquinas, SOMOS SERES HUMANOS.
Necesitamos convivir: somos sociables; aínda que cada día menos, desafortunadamente.
Está medrando demasiado o individualismo. Eso non é aconsellable.
- ¿TEN TEMPO E ESPAZO PARA XOGAR O AIRE LIBRE A INFANCIA?
Tempo non o ten porque entre as clases e as actividades extraescolares, xa pasa o día.
Eso sen contar as horas que pasa enganchada ó móbil en moitos casos... (Un mal a maiores, do que non teñen culpa as criaturiñas)
Espazo seguro nas cidades, tempouco porque debe ir acompañada ó parque.
E na rúa xa non pode xogar por culpa do tráfico.
E se vive no medio rural ten que ir acompañada por un adulto desde o fogar ata o transporte escolar e viceversa.
¿Chámase a eso unha sociedade segura?
¿Somos unha sociedade madura?
¿É esa a calidade de vida que queremos para as nosas criaturas?
- A INCORPORACIÓN DA MULLER ÁVIDA LABORAL É UNHA NECESIDADE PERO...
¿Está a sociedade preparada para asumir as responsabilidades da vida diaria no fogar?
Afortunadamente son moitas as familias que saben e poden compaxinar as tarefas do fogar coa vida laboral; pero a outras resúltalles imposible por falta de tempo e de madurez, tamén.
En moitos casos é a muller quen ten que multiplicarse.
¡Que cara lle sae a autonomía económica!
¿EN QUE SITUACIÓN QUEDAN OS BEBÉS, OS ENFERMOS E OS ANCIÁNS?
- Bebés: en mans alleas, en gardeirías...
- Enfermos graves: en mans alleas, sós na casa ou no hospital.
- Anciáns: vida en soidade ou en xeriátricos.
¿SON HUMANAS ESTAS FORMAS DE VIDA?
Grazas que, aínda quedan familias nas que conviven varias xeracións, no medio rural sobre todo, e comparten as tarefas ó tempo que fan vida de familia.
- ¿SEGURIDADE NA RÚA?
Hai más policía que nunca e tamén aumenta a inseguridade.
Paradoxos da vida.
- NON ESTAMOS TAN MADUROS COMO NOS PARECE.
- NON SOMOS TAN CIVILIZADOS COMO PENSAMOS.
- NON IMOS TAN ACERTADOS COMO DEBERÍAMOS.
A nosa sociedade necesita seguir mellorando moito non só a nivel económico senón, e sobre todo, a nivel integral.
No basta con manifestarse por motivos económicos, deberíamos manifestarnos para poder disfrutar do verdadeiramente importante na vida: a paz e a tranquilidade.
"PAZ E TRANQUILIDADE".
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas garzas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora