Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Haikus de Melide

lunes, 17 de abril de 2023
Melide é
no camiño de Santiago
foz, faro e frecha.
_______

Hai en Melide
bo pan, bo viño e polbo.
Viva San Roque!
_______

Terra melosa:
Bos ricos e melindres,
churros e mel.
_______

Melide é
a cerna de Galicia.
Corazón rexo.
­­______

En Melide está
o Cruceiro máis antigo
dos de Galicia.
_______

Varias polbeiras
nas rúas de Melide
cocen o polbo.
_______

Flora sagrada.
Furelos e Bocelo.
Fauna fecunda.
________

Toxos e xestas.
Lebres no Leboreiro.
Finos fieitos.
_______

Teñen en Moldes
á Virxe das Angustias,
moi milagrosa.
_______

Campá de Moldes:
Toca triste a defunto.
Leda prá festa.
_______

E cando chove
van de paseo as píntegas.
Pía o paxaro.
_______

Fabrica 'güevos',
pero é emblema do medo:
Pobre galiña!
Silva, Manuel
Silva, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES