Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Convocatoria Certame Vilariñas 2023 (VII edición)

NPG Nova Poesía Guitírica - miércoles, 05 de abril de 2023
Convocatoria Certame Vilariñas 2023 (VII edición) de micro poesía galega,
este ano tamén en categorías xuvenil e escolar.


BASES:
A Nova Poesía Guitirica NPG e Os Vilares Lareira de soños convocan o VII Concurso de micropoesías "Vilariñas" no que poden participar todos @s escritores/as que queiran. A Convocatoria Certame Vilariñas 2023 (VII edición)participación neste concurso é completamente de balde.

Os micropoemas presentados ao concurso serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. Xs autorXs son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.

O tema será "Libre". Cada participante podrá enviar un micropoema que debe estar escrito en GALEGO ou PORTUGUÉS en calquera das normativas, e presentarase ao concurso a través do correo electrónico dosvilares@gmail.com ou npggazeta@gmail.com en formato Word co nome do autor/a, ou pseudónimo e un telefono ou correo electrónico de contacto

Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluir o título e cada micropoema debe levar unha imaxe (foto, debuxo, etc.) de autoría propria, autorizada ou libre de dereitos. Cada poeta poderá presentar un máximo de UN micropoema a concurso. A organización non correxirá erros nin admitirá substituicións dos poemas enviados.

Admitiranse obras até o día 3 de maio de 2023, ás 14:00 horas.

A organización do concurso reservase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respeto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.

O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contenido do poema. O xurado estará composto por 3 poetas da NPG Nova Poesía Guitirica e un coordinador/a Sen voto. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños, CulturaliaGZ e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.

Entre os micropoemas participantes, seleccionaránse os mellores que poderán integrar unha antoloxía, e entre eles escollerase aos gañadores co premio que consistirá no trofeo 'VILARIÑA' deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla. Farase un acto poético público cos premiados no II Festival de Poesía Guitirica.

Polo feito de participar, os premiados autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos que considere oportunos."

Este ano, ampliamos a participación ao sector escolar Côa participación do IES Basanta Silva de Vilalba, o IES Díaz Castro de Guitiriz e o CEIP Lagostelle de Guitiriz.

BASES:
As Bibliotecas Escolares do IES Poeta Díaz Castro e do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba convocan a modalidade xuvenil do VII Certame de Vilariñas (2023). En xeral, deberán cumprirse as condicións xerais da devandita convocatoria.

De maneira específica, o alumnado menor de 18 anos que queira participar, deberá seguir estas indicacións:

CATEGORÍAS:
Establécense dúas:
a) Alumnado que non teña cumprido os 15 anos antes do 1 de maio.
b) Alumnado de máis de 15 anos pero non maior de idade a data 1 de maio.

LUGAR, DATA E MODO DE PRESENTACIÓN:
As vilariñas entregaranse na biblioteca de calquera dos dous institutos organizadores ata as 14:00 do 3 de maio de 2023.
Cada participante deberán presentar os seguintes documentos:
- A vilariña impresa en cor ou b/n (segundo corresponda á composición en concreto) sobre fondo branco.
- A autorización da persoa titora / nai / pai cuberta e asinada, conforme coñece as bases da convocatoria e permite a participación da filla ou fillo e tamén a difusión do traballo presentado. Haberá uns impresos específicos á disposición do alumnado na biblioteca.

XURADO E PREMIOS:
Cada un dos centros participantes designará un xurado que valore os textos do outro centro, de xeito cruzado. Do xurado poderán formar parte persoas de diferentes colectivos (alumnado, profesorado, persoal non docente e familias).
Haberá un premio por categoría para cada un dos centros convocantes do certame. A comunicación dos traballos gañadores farase con antelación á cerimonia de entrega, prevista no II Festival de Poesía Guitirica.

PARTICIPACIÓN DE PERSOAS ADULTAS:
O persoal docente e non docente, as familias e o alumnado maior de 18 anos na data de límite de entrega dos traballos, deberá participar na modalidade xeral do VII Certame de Vilariñas (2023).

AS OUTRAS VILARIÑAS:

Convócase unha modalidade escolar asociada ao VII Certame de Vilariñas (2023).

Quen pode participar?
O alumnado de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Lagostelle, previa autorización familiar.

Que hai que facer?
1.- Escoller unha vilariña das propostas na listaxe que segue.
2.- Escribir os versos e o nome da autora ou do autor con boa caligrafía nunha cartolina tamaño A5 (medio folio), en horizontal. A cartolina debe ser branca ou dunha cor que permita ler ben o texto.
3.- Decorar/ ilustrar ao gusto de cadaquén a cartolina.

Ata cando?
Ata o día 3 de maio ás 14:30.

Onde hai que entregar as vilariñas?
Na biblioteca do CEIP Plurilingüe Lagostelle.

Para que?
Os traballos seleccionados serán expostos durante o II Festival de Poesía Guitirica.
Convocatoria Certame Vilariñas 2023 (VII edición)
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES