Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (54)

viernes, 14 de abril de 2023
Esmoleiros Finxidos

Son moitos os autores que representan os valuros co nome xenérico de esmoleiros ou mendicantes, sen ter en conta a existencia dos habitantes desta comarca, que tamén A misteriosa e incógnita Valura (54)son Valuros, e que non se dedican a mendicidade senón ao traballo cotián, como fai o resto dos mortais, iso si, sempre considerando que o oficio de esmoleiro non sexa tamén un traballo.

Lence Santar nun artigo publicado no xornal "Heraldo de Villalba", titulado "Os Baluros", de data 30 de agosto de 1930 trata do finximento destes profesionais no campo da mendicidade, explicándonos os trucos e habelencias valuras para mover conciencias do xentío que pasaba preto deles.

Hai autores, dos que xa temos falado, que nos comentaban como os valuros chegaban incluso a facerse feridas nas súas propias carnes, feridas que non curaban ou que o facían lentamente para, desta maneira, chegar ao compadecemento do que os vira intentando sacarlles unhas moedas durante moito máis tempo, movidos, se cadra, pola bondade e polo estraño das súas feridas presentadas en lugares ben visíbeis e tratando de que as mesmas estivesen operativas para poder seguir dando pena aos doantes de esmolas, arrancando as úlceras ou botándolles ás feridas algún tipo de produto para que os labros destas non suturasen, ou o fixesen o máis tarde posíbel.

Lence Santar fainos, como diciamos, un elenco de finximentos valuros: "fingiéndose muchos de ellos, ciegos, mudos, idiotas, cojos, mancos y llagados". Que se fixesen chagados, coxos ou mancos, era algo do que xa tiñamos constancia, pero o que non sabiamos era que tamén pasasen a maiores, como é o finximento da cegueira, da mudez e incluso da idiotez, porque a xente descobre facilmente estas situacións atípicas, que son moi visíbeis.

Prosegue Lence Santar a explicarnos como aparte da exposición aos viandantes destas doenzas ou enfermidades inexistentes, que por finximento trataban de explotar á xente supersticiosa, "pidiendo con cajas de santos", é dicir, utilizando obxectos relixiosos, como son as caixas de santos, que a maior parte dos crentes levaban desde a igrexa para as súas casas durante uns días, dentro da caixa accedíase sempre a unha imaxe dun santo ou santa que aparece ao abrirlle unhas portiñas moi traballadas e, mentres permanecían nas casas acendíanselles unhas velas, despois, seguindo unha quenda, había que levalas á casa que lles correspondía, sempre a cambio dunha esmola adecuada.

Que os Valuros empregasen estas caixas para a mendicidade, parécenos un recurso moi bo, pois utilizan os mesmos sistemas que a Igrexa, pero para o seu beneficio, o que traería consigo unha loita competencial en prol da subsistencia duns e do enriquecemento de outros.

Salve Valuria!

NOTAS:
LENCE SANTAR.- HERALDO DE VILLALBA.- Os Baluros. Año XV. Número:274, 30 de agosto de 1930.
ARCHIVO DEL HOSPITAL DE SANTIAGO.- Mazo de la Cofradía de Santiago.- Libros titulados "Poderes para demandas desde 1667" y "Registro de poders y obligaciones para la extensión de la Real Cofradía de Santiago de los años 1732, 1733, 1736,1737, 1738, 39, 40, 41 y 1742".

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES