Heraldo de Villalba
No xornal
Heraldo de Villalba do día 30 de agosto do ano 1930, atopámoslle os

seguintes lemas: "Periódico quincenal defensor de los intereses de la comarca" e "Decano de la prensa del partido judicial y el de mayor información y tirada del mismo". O director do citado rotativo é o poeta e xornalista, Antonio García Herrmida, coñecido tamén como "Charetas", xornal que funda el mesmo no ano 1916 e que permanece ata 1931, sendo oito anos máis tarde desta data en 1939 cando se produce o seu pasamento o día catro de setembro.
Neste xornal aparece un artigo ben interesante sobre os valuros que firma o entón Cronista de Mondoñedo, Eduardo Lence Santar y Guitián, na sección "Páginas históricas de Galicia" e co título "Os Baluros", que comeza desta maneira:
Desde tiempos antiguos se dedicaron los habitantes de la "Balura" y de otras muchas parroquias de la "Terra Cha" y de varios de los municipios inmediatos, a pordiosear -fingiéndose, muchos de ellos, ciegos, mudos, idiotas, cojos, mancos y llagados- y a explotar la superstición pidiendo con cajas de santos; por todo lo cual se hicieron célebres y, por ser muchos de ellos de la "Balura", se le dió el nombre de "Os Baluros"(1)
E na nota a pé de páxina observamos o seguinte:
(1) Comprende el Municipio de Cospeito (Villalba-Lugo) y algunas parroquias inmediatas.
Xa o primeiro páragrafo non ten desperdicio pois ponnos en alerta acerca dunha profesión, a de esmoleiro, que parece ser, que practicaban desde tempos inmemoriais uns habitantes dunha zona xeográfica que se chama "la Balura", cuxo nome vén xustificar o que nós viñemos dicindo acerca dunha comarca mítica, chamada Valura ou Valuria, e que abranguería o que hoxe é coñecido como Terra Chá, como logo veremos.
O mesmo nome, que salienta Lence Santar con comiñas, está precedido por un artigo determinado en feminino singular "La", de, "La Balura", que nos vén a incidir outrosí na súa etimoloxía feminina procedente do latín
vallatura(m)-valadura-valura que na súa orixe latina é un adxectivo de tres terminacións feminino convertido nun substantivo tamén feminino A Valura, sendo esta a Terra Valura ou a Terra da Valura.
As persoas que exercen a profesión de esmoleiros son todos
"habitantes de la Balura, y de otras muchas parroquias de la Terra Cha y de varios municipios inmediatos", é dicir, Lence Santar estanos indicando -quizabes sen darse conta-, cal sería a delimitación da Valura e ao mesmo tempo recórdanos que o xentilicio Valuro procede do substantivo A Valura,
"por ser muchos de estos de la Balura, se le dió el nombre de "Os Baluros" aos que sitúa no municipio de Cospeito e noutras parroquias inmediatas. Nós pensamos que o autor xa está acercando a delimitación non só a outras parroquias inmediatas, senón aos concellos que forman lindes con Cospeito e que abranguerían case que toda a Terra Chá, actuando COSPEITO como o corazón ou centro xeográfico da Valura e os límites serían os seguintes:
NORTE
Nordeste --- Vilalba.
Norte --- Vilalba, Abadín e Pastoriza.
Noroeste --- Pastoriza.
SUR
Suroeste --- Begonte.
Sur --- Outeiro de Rei.
Sueste --- Castro de Rei.
LESTE
Leste --- Castro de Rei.
OESTE
Oeste --- Begonte e Vilalba.
Resumindo, apreixaría os seguintes concellos: Vilalba, Cospeito, Abadín, Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Outeiro de Rei, mais como A Valura está referida á Valadura das montañas que a cercan, polo tanto, todos os terreos desde onde escorre a auga, dende o cume mesmo das montañas habería que consideralo tamén parte desa valadura e formaría a comarca da Valura. Neste caso teriamos que engadir tamén a Baamonde, Meira, Rábade, Friol, Xermade, Muras...
Salve Valuria!
NOTAS:
LENCE SANTAR.- HERALDO DE VILLALBA.- Os Baluros. Año XV. Número: 274, 30 de agosto de 1930.
ARCHIVO DEL HOSPITAL DE SANTIAGO.- Mazo de la Cofradía de Santiago.- Libros titulados "Poderes para demandas desde 1667" y "Registro de poders y obligaciones para la extensión de la Real Cofradía de Santiago de los años 1732, 1733, 1736,1737, 1738, 39, 40, 41 y 1742".
Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela