Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De centauros a maquinistas (3)

martes, 04 de abril de 2023
.../...

Como sobran ocupacións, por xubilado que esteas, deixamos de espiar aos nosos vellos coa "Pegasus", e recollémonos no interior da vivenda, esquecéndonos deles, pero mira ti por onde a miña rapaza tivo a ocorrencia de asomarse á ventá, á media tarde, que é cando as súas amigas adoitan sacar o canciño de paseo, despois de sestear, por suposto, por se vía a unha veciña da que outra lle dixera que collera unha insolación na praia, de tanto expoñe-las tetiñas ao sol, que seica é moda, incluso para as vellas. ¡Non creo que o sol llelas estire, pero..., a cirurxía estética anda cara, e a crise é xeral, sobre todo para a clase media, que son os que pasean persoalmente as súas mascotas!

Chamoume:
-Vén á ventá, que para ver a Romeu e Xulieta no cine hai que pagar a entrada, e estes móstranse gratis! ¡A pena é que non sexas un Shakespeare, pois con estes tiñas un argumento divertido!

-Muller, o daqueles de Verona foi traxedia...

-¿Coidas que non o sei? ¡Pero ás mulleres, os amores alleos sempre nos parecen divertidos, teñan ou non peripecias, ou por que se venden tantas revistas desas, desas da cor?

-Daquela escoitareinos, pero, se me denuncian por plaxio, por plaxiarlles os coloquios, iremos a medias na multa?

Deume un bico e díxome:
-Con isto quedas pagado, de antemán, que así aforro de comprar unha revista, que maldito unha hai que traia historias platónicas de vellos, e os flirteos desta xuventude xa me teñen farta! Ata penso que se casan, e descasan, tan pronto se lles esgotan os cartos que reciben desas revistas..., para cobrar de novo!

-¡Que todo sexa por compracerte, pero primeiro déixame renovar as pilas destes aparellos, que xa pitan anunciándome esgotamento! Para comezar: A ver se te pos ao loro, que agora din, ligar; agora que andamos sen ligas, ligan; tanto as mulleres coma os homes, que ata será por iso!

Tardei un pouco en reiniciar os aparellos, pero non había présa, pois os rolos debían ter as cachas pegadas ao banco, que nel seguían; ¡no mesmo! Ao acender, díxome a miña:
De centauros a maquinistas (3)
-¡Maridiño, mira como cambiaron os tempos, que aínda non morreaches comigo, e eses dous..., que seguen nesa terraza diante do café...; pero olla con discreción, para que non se sintan espreitados...; tal parece que se lles escapa a lingua pola boca do outro! ¡Ai, Deus, que a van morder, e despois, a ver como se apañan para comer! ¡E xa non lles sangre...!

-Ti, que tamén te criaches na aldea, que iso me dixeches, non te lembras que a idade do gando compróbase na boca? ¡Igual lles da vergoña preguntarse, e por iso analizan a dentame!

-¡Pero que pícaro es! O que me fai cavilar é que, sendo tan pícaro, como aguantaches tantos anos de solteiría?

-¡Muller, gato escaldado, fuxe da auga fría! No Bacharelato pregunteille ao profesor de Física se había unha máquina para medir o cariño..., que sería bo usala antes do casamento..., como se fai con outras cousas, outras análises..., do tipo das túas, pero aquel home, e iso que o tiñamos por sabio, díxome que o cariño é flutuante, flutuante pero acelerante, coma..., coma as partículas atómicas..., e que resulta volitivo temperalo! ¡É o que teñen os sabios, que nin Deus os entende, canto máis os alumnos!

-¿Sabes que che digo, meu sol, e non te ofendas: que ti non tes un pelo de sabio, pois eu enténdote, todiño, á primeira das verbas! De premio vouche dar outro bico, pero este vai ser de parafuso..., agora que se foron eses do xardín!

-¿E sabes, sabes facelo?

-¡Home, co que lles vimos a eses vellos, aos da terraza...! Pero ti tranquilo, que non penso morderte, aínda que..., polas ganas...!
...

Neste intre soou o noso teléfono, e a asistenta, que o colleu, indicoume que preguntaban por min. ¡Malditos teléfonos, sempre inoportunos; coa de cousas que se aprenden agora, espiando cos "pegasus"!
-.-

A polo pan..., ar!

¡E que sexa integral, de centeo, sen sal! Tamén nisto cambiaron os tempos, mais para algúns, con marcha atrás, pois agora queremos o que onte desprezamos; o centeo era De centauros a maquinistas (3)dos pobres, e o farelo, dos irmáns da ceba, dos porcos!

Mirade se será un luxo o noso pan de cada día que non chega con pedilo no Noso Pai: ¡Hai que ir á panadería, e pagalo, pero..., madrugando! Hoxe cheguei tarde pois con iso de pasa-la noite espiando, dándolle ao Pegasus, o meu sono vingouse, e xa me daba o sol na cara... -Quere que llo gardemos para mañá, por se volve tarde? -Ai, si, e moitas grazas pola túa amabilidade!

Íamos ao muíño cun saco e volvíamos con dous, porque o farelo xa viña cribado, nun saquete aparte. Hoxe, con iso de que o trigo nos vén de Rusia, ¡da nosa amada Rusia!, ao muíño só imos..., de excursión, e para iso, máis muiñeiras que homes!

A historia do cereal merece máis tempo do que se lle leva dedicado: Desde Ruth, aquela espigadora bíblica, ás últimas cuadrillas de segadores galegos en Castela, moita civilización leva transcorrido!

¿Que se sabe, ou que se di, do pan integral sen sal? Voullo preguntar co Pegasus ao primeiro dos nutricionistas, ou dietistas, que vexa pasar pola rúa. Querido lector, faga vostede o mesmo, pois a ciencia para algo nos ten que servir.
.../...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES