Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (52)

viernes, 31 de marzo de 2023
Valuro Aquelado

Francisca Herrero Garrido na súa obra poética ¡Almas de muller... ¡Volallas n'a luz!, publicada na Coruña no ano 1915 e dentro desta, no poema "Alma Branca", trata esta cuestión. Recollemos o seguinte fragmento independente, que nos parece estar bastante descontextualizado polo feito de que non garda moita relación co resto do argumento, dando a sensación de ser un poema independente, posiblemente composto antes e logo metido no devir xeral da obra coa que non ten unha relación lóxica significativa e recoñecido porque o poema forma un todo aparte de versos hexasílabos composto por catro coplas de rima (- a - a) que rematan cunha cuarteta, tamén hexasílaba (abab):
A misteriosa e incógnita Valura (52)
¿Non vich'o valuro,
(N-os dedos, a bursa)
Tembrar aquelado
Contando fertunas?

Mírache-lo sábeo,
Furand'as aturas,
En busca d'estrelas;
De mundos en busca?

O afán do labrego,
Fundando nas trullas,
O pan d-os rapaces,
Qu'o piden a unha?

Pois, mal comparando
O amor qu'a Mingucha
A Nai ll-âparaba,
Da conta (e os tunda!)

Do pan d-os famentos
D-a bursa valura
D-o soles qu'e o sábeo
Atopa ou rebusca!


A derradeira estrofa é unha cuarteta que recolle o contido das tres primeiras coplas referido á "BURSA" Valura, ós "SOLES" do sabio e ao "PAN" do labrego, aos que lles damos os valores seguintes por orde de aparición:
Bursa: 1, Estrelas (Soles): 2, Pan: 3
A cuarteta recolle os tres significados espallados previamente nas tres coplas anteriores e invertendo os significados de tal maneira que o que nas coplas aparece: Bursa-1, Estrelas (Soles)-2, Pan-3, convertese en 3-1-2, da seguinte maneira:
"o pan dos famentos" - 3
"a bursa valura" - 1
"os soles (Estrelas) (do sábeo) - 2
No poema estase poñendo de manifesto outra perversidade valura como resulta ser a avaricia do valuro contando os cartos da súa bolsa, nunha situación un tanto atípica, como é o feito de estar tremendo e ademais "aquelado"; é dicir, que aparte de tremer está o feito dunha alteración patolóxica ou morbosa diante da presenza do diñeiro, tratando de poñer o valuro nunha actitude mesquiña e de home miserable, que se altera simplemente co feito de contar os cartos da súa bolsa. Pobres Valuros! Canto tiveron que sufrir! Non me estraña que a denominación de Valuro desaparecese da Chaira!

Salve Valuria!


NOTAS:
HERRERA GARRIDO, Francisca.- ¡Almas de Muller... ¡Volallas n'a luz! Litografía e Imprenta de Roel. La Coruña,1915. Páxs:10-31

Procedencia da fotografía: GALICIANA
Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES