Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Subidas e baixadas

viernes, 02 de enero de 2009
Esto ten que estar perfectamente estudiado. Así, cando se produce unha subida de precios o momento e os lugares están perfectamente deseñados de xeito que sexan asumidos con naturalidade.

Para aumentar os precios dos carburantes e subir os dos artigos de primeira necesidade, o momento perfecto é o comezo do verán onde cada quen está decidido a tirar a casa pola fiestra e importa o mesmo dous que vintedous. E despois extráñanos que datas como esas sexan elixidas polos pilotos de aviación, traballadores de RENFE, controladores aéreos ou calquer outro colectivo vital para facer sentir a súa presencia.

A segunda data ou período axeitado para facer saber os aumentos é este, primeiros de ano e así, de paso que nos din que suben as pensións e o soldo mínimo, aproveitan para comunicarnos que sobe a electricidade, a telefonía, os envíos por correo e os transportes. Nestas festas estamos dispostos a todo, mesmo que –como os antigos galos- o ceo caia sobre as nosas cabezas.

Oído, goberno. Xa estamos enterados. E non pasa nada porque como estamos preparados para o peor, por agora parécenos que aínda non hai queixa, que poderemos soportalo.

De paso, tamén hai baixadas. Baixa 0,26 € a bombona de butano, e o gasóleo de automoción xa está por debaixo de 1€/litro.Pero esto, aínda que pareza boa noticia, é porque a crise forza a baixada da demanda e consúmese moito menos polo que tamén se merca moito menos petróleo.

En canto pasen estas festas, tomaremos boa nota de todo esto. En tanto a festa dure, que siga a festa. Logo, como xa os romanos prevían, “post festum, pestum”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES