Presentación en Lugo do poemario BEN SABE O MAR QUE POSUO O BOTIN DAS PIRATAS de Luz Campello García
O próximo venres 31 de marzo ás 20:00 horas terá lugar no Vello Cárcere de Lugo a presentación do 3° poemario de Luz Campello, a poeta de Labrada (Guitiriz) que pertence ao colectivo Nova Poesía Guitirica NPG.
O acto está organizado pola NPG Nova Poesía Guitirica e ademáis da autora participarán as poetas Marica Campo e Luz Atirado nun acto introducido pola concelleira de Cultura e vice-presidente da Deputación Provincial Maite Ferreiro.
O poemario "BEN SABE O MAR QUE POSÚO O BOTÍN DAS PIRATAS" está editado na colección Dombate da Editorial Galaxia sendo o terceiro de Luz Campello despois de "Do corazón da terra" (Xermolos) e "O inventario do prohibido" (Espiral Maior).
"BEN SABE O MAR QUE POSUO O BOTIN DAS PIRATAS" está a ser um exito de ventas e crítica ademáis de terse apresentado con grande afluência de público nas localidades de A Coruña, Guitiriz, Ferrol e Compostela.
Depois deste venres em Lugo seguirá a presentarse en Vilalba, Pontevedra, Vigo e Ourense.

Luz Campello, reaponsabel de Traballo Social no complexo hospitalario do CHUAC, é unha referencia polo seu compromisso feminista, que reflicte tamén na súa poesía, que foi musicada en diversas ocasións por cantautores como Sandra Tenreiro ou Sonia Levedinski.
Iniciouse na poesía a través de certames da AC Xermolos de Guitiriz, foi premiada no Certame Rosalía de Castro en Euskadi e tamén foi unha das fundadoras do colectivo Nova Poesía Guitirica.
Este poemario, recentemente editado, está a preparar a súa segunda edición.