Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ourensalia: Catro debates

viernes, 02 de enero de 2009
Acabo de ler que Antena 3 xa se postulou para acoller a celebración (e digo ben, celebración, porque a existencia de debates públicos, en democracia, debe ser celebrada) dun debate entre o candidato á presidencia da Xunta polo Partido Socialista e o candidato ó mesmo cargo polo Partido Popular.

Como ben sabe, querido lector, a proposta ven precedida por un anuncio realizado días antes polo propio presidente da Xunta, no sentido -creo lembrar- dun debate a tres, que repetiría a fórmula daquel que tivo lugar a finais do pasado mes de febreiro con motivo das eleccións xerais.

Despois de ser testemuña, como fomos todos, de que a representación de febreiro, debido tanto á súa configuración triangular como a que no fondo o "asunto" non ía con eles, máis ca un debate acabou sendo unha cinguida e cronometrada sucesión de exposición de motivos, permítame que me abrace á circunstancia singular de que dous dos tres candidatos á presidencia da Xunta son ourensáns para -por moito que non me vaian facer ningún caso- dar algunhas ideas que estou seguro de que xa están a secar nas lacenas das cociñas electorais das tres formacións para logo argumentar a que máis lles conveña segundo cal sexa a que lle poida dar máis rendemento electoral.

Dando por entendido, pois, que, esa de sentar a tres nunha mesa para facer intervencións dogmáticas, que o único que desvelan é o traballo de deseño politolóxico dos equipos que cada un deles pode ter detrás e non os reflexos persoais ou as valías intelectuais dos candidatos; repito, dando por sentado que esa non me parece a mellor fórmula, púxenme a cavilar nas posibilidades que se poderían dar e con cales os electores poderiamos sacarmos conclusións máis claras (que, á fin e ó cabo, esa é a razón pola que os tres se van sentar) e cheguei á conclusión de que, se verdadeiramente cren no que din coa boca grande -é dicir, que os debates engrandecen a democracia-, entón, no canto dun debate a tres, o que deberían facer sería organizar, denantes, unha rolda "triángulo-individual".

O resultado sería, entón, de catro debates na seguinte orde: Touriño-Núñez, Núñez-Quintana e Quintana-Touriño, deixando o triangular para o final.

Feita a proposta, pregúntolle: ¿Cal sería para vostede o máis interesante dos catro?
Para min non hai dúbida ningunha. O que seguiría con meirande interese sería o de Touriño e Quintana, xa non polo que puideran dicírense, senón polo que puideran calar.

Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES