Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 31 de marzo de 2023
A perna esquerda

Díxenlle á perna dereita que se botase a andar. Esta no dixo nada, pero tampouco fixo nada, ou sexa, que nin caso. Eu son a perna esquerda do paisa que me leva e escribe. Sempre teño que ser eu a que inicie os percorridos e, iso seguro, a que poña o Pingas de Orballo pé no primeiro chanzo de todas as escaleiras que vai subir. Isto dáme a pensar se o paisa que escribe non será futbolista. Non sei; polo detalle ese de que moitos teñen as súas manías e adoitan entrar sempre ós campos cun pé ou co outro.
Como sei que o que escribe non é futbolista (gústalle ese deporte, si, moito, pero non o practica; nin porque nunca foi bo nin pola idade xa), entón tamén se me dá por pensar se non será por cousas ou asuntos políticos. Xa sabedes, dereitas, esquerdas... Como sempre teño que ser eu a que apande, a protagonista de todas as súas manías, ó mellor é que, para el, as dereitas non son boas compañeiras para as súas "andainas" políticas. Agora que, a min, segue a darme que tal paisa é máis nacionalista. Non obstante, como perna que son, non quero dar pasos do que non sei moi ben.
Eu só sei de andar... e de apandar. Nunca mellor dito; é raro que sexa eu a que cabalgue sobre a perna dereita. Máis ben é esta a que cabalga sobre min. Cando queren, tanto ela -a perna dereita- coma el -o paisa que escribe- só me teñen para o que me teñen. Mesmo para que todo o seu corpo, cando nos atopamos quietos e de pé, caia sobre min. Non é de estrañar entón que teña un calo enorme na planta do meu pé desde hai xa tantos anos que nin eu mesmo recordo. Vou marchar e, claro, serei eu, a perna esquerda, a que inicie a marcha.

Sentado no raíl

Sento no raíl da vía do ferrocarril e deixo pasar o tempo. Porque o tempo pasa e todo cambia. Ou non. Simultaneamente, contemplo a estación de Baños de Molgas. Pingas de Orballo Pasou o tempo e ela si cambiou. Cambiou a súa fisionomía. Si, máis nova, pero mellor a outra. Moito mellor. Polo menos para un servidor. Claro que, nisto, igual me deixo influenciar pola nostalxia; por aquel tempo no que botei man dela, de cando as miñas viaxes á capital do Imperio eran un ir e vir en pontes e vacacións.
Sentado no raíl miro tamén para os arredores, para o recinto da estación, e o tempo faise memoria e a memoria convértese en recordo: de cando quedei unha noite a cabalo do burro -e do saco de millo que levaba o burro-, porque non era quen de cruzar ás dez e pico a carballeira que levaba ó muíño do Dositeo. O medo é libre. A idade era pouca. O castigo da nai, da Lola (por algo, claro) era ese ir de noite pecha ó muíño. Así é que alí me botei media hora, unha hora -xa non lembro- facendo tempo, coma que fora ó muíño pero sen ir. Despois, a escusa... a típica: o muiñeiro non estaba, o meu corpo de neno non daba para baixar a saqueta de 50, 60 quilos de millo degrañado.
Sentado no raíl lembro aquelas tardes de domingo nas que subiamos a estación arrapañando todas as cabichas habidas e por haber para fumalas, logo, no embarcadoiro; ben facendo cigarros, ben fumando as propias cabichas. E ninguén se contaminou. Era outros tempos. Ergo do raíl e marcho para o barrio da Igrexa, o meu barrio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES