Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

María do Ceo en Redondela

jueves, 30 de marzo de 2023
María do Ceo vén de publicar un novo disco, "Galicia Nai", que teño a honra de prologar. O repertorio inclúe poemas de Manuel María, Armando González, Rosalía de Castro, Xosé Neira Vilas, Ricardo Carballo Calero, e Xosé Velo Mosquera, personaxe tan admirado por min.

No prólogo escribín que María do Ceo usa a súa voz como vehículo para transmitir emocións e sentimentos, pero sen espaventos nin demasiados floreos, cunha voz cálida e suave nalgúns momentos, e doce e melancolica noutros. María ten unha forma de cantar e tan súa de entender a canción galaico-portuguesa que xa é un selo que a fai diferente.

Por iso son dos que pensan que Maria do Ceo, sen esquecer esas aptitudes musicais que lle veñen do berce de alén Miño, foi, co paso dos anos, botando raíces aquí, ata o punto de ser unha valedora da lingua galega e dos poemas escritos por autores galegos. Semella como se fosen escritos para que os cantase unha voz e unha sensibilidade musical como a súa.

Hainos que pensan que María do Ceo é unha fadista. E non van equivocados, iso si, se non a circunscriben unicamente a ese estilo musical que interpreta con deliciosos acentos. Aínda que a dicir verdade, os fados que canta Maria non son alentexanos, son do norte, onde nós os galegos e máis eles,os portugueses, cohabitabamos na histórica Gallaecia. Velaí porque na construción dese espazo histórico, agora proxecto de rexionalización europeo, María do Ceo participa na súa reconstrución coa súa inconfundible voz, unindo tonadas de alén Miño e composicións con textos de autores galegos.

O próximo día 2, ás 18:00 horas, na Praza de Ponteareas,que noutrora foi un nó de comunicacións con evidente deterioro por mor dalgunha construción que afeaba a contornadaquel espazo histórico, e agora remodelado polo Goberno Municipal, será o escenario dun concerto de María do Ceo.

O lugar escollido para o concerto garda na miña memoria diversas evocacións. O mosteiro que lle servirá de fondo acolleu durante o tempo que exercín o meu labor cultural naquela institución municipal varias xuntanzas de rexedores de concellos galegos con castelos, torres e lugares singulares (tales como a Illa de San Simón), ou que teñen danzas brancas, coa intención de buscar a través desas organizacións a preservacióndos respectivos patrimonios materiais e inmateriais. Tamén foi escollido para asinar a "Declaración das mil festas para a lingua galega", que dinamizou a galeguización dos espazos festivos dos rexedores que responderaná convocatoria, con propostas novidosas, tales como a interpretación do Himno Galego no momento cume das misas maiores das festas patronais.

O concerto de María do Ceo témolo que encadrarnun novo chamamento aos organizadores de festexos populares para galeguizarem as súas programacións, devolvéndolles deste xeito a orixinalidade da autoctonía fronte a interferencias alleas que atentan contra a identidade cultural de Galicia; un obxectivo para o que se precisa constancia sen acougo, tal e como o explica Pepe Velo no poema musicado por María do Ceo: "Pois que preguntar, xa sabes/ de onde me vén o folgo/para cantar miña esperanza: /da visión do futuro/anque sempre se chega/endexamais se alcanza".

Maria do Ceo é, en definitiva, a celebrada xograresa que preconiza coa súa voz unha Galicia máis de noso, uníndose na distancia do tempo con Mendiño, aquel poeta do que nada sabemos, autor dunha soa composición na historia da lírica medieval galega de gran proxección internacional. Ambos os dous, Mendiño e María do Ceo, son, por dereitos propios, en cadanseu tempo, os cantores da agardada reconstrución da Gallaecia.

Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES