Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sacerdotes? Para que comunidades? Para que igrexa? Para que mundo? (8)

miércoles, 22 de marzo de 2023
25. VOLVER Á SOTANA!, DI O ARCEBISPO DE VALLADOLID. Recen nomeado, cando el anda de clergyman. Está aí a esencia do sacerdocio ministerial, incluso no pensar dos máis tradicionalistas? Que se quere esconder dentro dese 'escafandro' protector se non hai un suxeito cabal dentro? Facer máis patentes os desequilibrios ou trastornos de conduta?

26. E DA POLÍTICA PARTIDISTA, QUE? Se fixermos un inquérito serio, que nos daría? Que polo menos nas formas de expresárense a xente di maioritariamente que estamo aliñados con VOX, coa ala do PP máis recalcitrante e a dereita máis rancia, co que iso significou historicamente desde hai séculos. E principalmente na guerra, na ditadura e xa mesmo na democracia. A sospeita está aí. Non é invención miña.
Todos os imperios totalitarios queren sempre secuestrar a fe do pobo en Deus e tamén a relixión, sexa cal for, para suplantala pola fe ao réxime imperante, sen excepción: o Emperador Romano, Stalin, Franco, Pinochet, Putin, Bolsonaro. Trump, etc. Ex.: "la Falange no es un partido, es un modo de ser." Sempre son igual, sen excepción. Ex. Nicaragua, etc.
E nisto non vale confundir. Porque non é igual a encarnación na misión para unha auténtica xestión da política social e económica, sanitaria e educativa da comunidade civil, en solidariedade incluído sempre o mundo dos pobres (igualitaria, de calidade e gratuíta), e non estarmos casados co "becerro de ouro" e o máximo lucro do poder e dos poderosos, sen orde nin concerto, aos que se referiu Xesús de Nazaré: O meu Reino non é deste mundo,deste sistema, deste "mundillo." (Xn 18:36).Desta mundanidade, di o Papa Francisco. Nin casa con todo o Sermón da Montaña (Mt. 5-8).E Xesús xa fixo moi ben a distinción: Ao César o que lle cómpre e a Deus o que é de Deus.

27.- O DESBALDO DAS ECONOMÍAS DIOCESANAS. E que dicir da administración destes príncipes teocráticos e os novos pazos señoriais? Xa non falamos só da sinxeleza e austeridade do Fillo do Home, que non ten onde reclinar a cabeza". Xa non é só o estilo de vida. Logo vanse, sen render contas a ninguén, deixando verdadeiras desfeitas e hipotecas. Pero non fica hipotecada a súa pensión que esixen ao céntimo das dioceses que deixaron.
Que se está a encubrir? Pura explotación piramidal? Sérvense de nós. Isto nun mundo globalizado e de pensamento único vese moi claro: Vales mentres sirvas, némine discrepante,con case absoluta servidume e sexas de utilidade a esa "empresa" e a "ese señor".
Necesitamos a Deus, ao da liberación verdadeira, ao único que non somete a ninguén. Pero cólannos, en lugar de Deus, todo o "deus sistema", do "tinglado ou armadillo". Ao final, decepcionados, cambio de rumbo, a veces perseguidos, a veces fracasados, a veces enxangados e enlamados por tomaren un respiro ou por corrupción. A veces suicidados. Suicidados!? É forte, non si? Si.

28. PERO O DRAMA ESTA AÍ. É SERIO. É REAL. E ENCÓBRESE. O SUICIDIO DOS CURAS. "É un fenómeno que afecta especialmente aos curas"... "A desafección á práctica, a desaparición do cristianismo na sociedade son retos duros para todos". "Nos últimos catro anos, sete curas suicidáronse. É este un fenómeno que afecta especialmente e só aos curas franceses? Difícil de dicir, xa que tamén nos chegan doutros países informacións relativas ao suicidio de curas. Os dous curas que se quitaron a vida na segunda quincena de agosto tiñan cincuenta anos. Os dous falecidos dous anos antes, con poucos días de diferenza, tiñan os dous 38 anos. Os demais, de 46, 47 e 79 anos respectivamente. Dous eran de ascendencia africana. A súa historia persoal e a súa situación eran moi diferentes”. Pero hai datos e precisamos, máis unha vez, facer unha cita longa.
"Nos últimos catro anos, sete sacerdotes suicidáronse". É un fenómeno que afecta só e particularmente ao presbiterio francés? É difícil afirmalo así. Hai informacións relativas ao suicidio de sacerdotes que nos chegan tamén doutros países".
E na Galiza non se están a dar casos? Quen de nós non coñeceu varios casos concretos de irmáns sacerdotes que optaron por esta solución? En que proporción? Se consideramos o reducido número actual de sacerdotes a porcentaxe é moi significativa. E ademais, parece tan contraditorio nun cura!
Por que non se fixo nin hai ningún estudo valorativo e de tipo etiolóxico que se coñeza? Todo acaba co funeral de enterro. Triste, non si? Incluso para os que quedan detrás. Iso non crea esperanza. Só con saloucos non cambia a realidade.
E isto vale para todos. Pois o suicidio, incluso de rapaciños novos e dalgún neno e, por suposto, de adultos e anciáns, sen excluír ás mulleres, está a ser un problema moi serio no mundo. Algo vai moi mal entre nós. Está nos medios a cotío. Na Galiza o suicidio está moi acentuado e vén de atrás. Aumentou moito despois da pandemia do Covid 19. Hai unha grande preocupación. Pero tápase; e a seguir. E as solucións agrávanse moi seriamente e coa caída da Sanidade Pública, da Atención Primaria e pola falta de profesionais na Psiquiatría e Psicoloxía, que poidan atender precoz e incluso preventivamente e coa competencia científica que teñen. Así o mandan os protocolos da Organización Mundial da Saúde, (OMS).
Pero non se lle ve moita solución. Pois aínda así: urxe que isto estea en serio na Sanidade pública: con calidade, gratuíta, universal e de acceso rápido. E logo poder seguirmos axeitadamente os procesos varios que son moi longos e afectan a toda a sociedade: pais, familia extensa, escola, compañeiros, ocupacións laborais, suficiente e debidamente asalariadas e con suficiente economía. E, por suposto, implica a mellor colaboración posíbel das Asociacións todas, das igrexas e veciñanza en xeral. O colchón de protección e boas prácticas depende de todos. Pero ben feito! Nisto non valen improvisacións, nin xogar á acertar, nin só un voluntarismo por moi boa vontade que se teña. Coma nos infartos súbitos e na rúa: ou sabes ou non!
Con relación aos sacerdotes, o Papa, como fica dito desde o inicio, está ordenando unha visita para estudar en serio a verdadeira realidade dos seminarios. "Como é posíbel non ver o crecemento do novo clero conservador, aparentemente forte pero incapaz de facer fronte á situación, que en poucos anos podería chegar ao 40% de todo o presbiterio nacional, facilmente exposto mesmo a cursos de formación moi dubidosos como se mostra polo recente bloqueo do Vaticano á ordenación dunha ducia de sacerdotes no seminario de Fréjus-Toulon".
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES