Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xornadas Rosalianas

martes, 28 de marzo de 2023
Xornadas Rosalianas Rematada a segunda edición das Xornadas Rosalianas de Vilalba, queda a sensación de ter criado algo especial. Xermolaba en 2018 a necesidade de honrar como merece a esta grande poeta nun fermoso acto organizado na Casa Habaneira de Santaballa pola Nova Poesía Guitirica NPG e CulturaliaGZ con numeroso público, e aínda que a pandemia parou a súa continuidade, deixou um pouso que foi retomado dende Vilalba con grande acerto en 2022.

E si na primeira edición o pasado ano o denso programa e a calidade do mesmo parecía difícil de igualar tendo en conta que incluía a inauguración dun parque e um monumento á grande poeta galega e un mural no centro da vila, as actividades desta edición agardaban unha comparación e un reto ben difícis de superar.

Así e todo podemos dicer que ese reto e essa comparacións forno superadas. A participación dos centros de ensino tanto de primaria como secundaria, agrupacións musicais, centro de formación ocupacional, bibliotecas, e a alta calidade das actuacións, charlas, recital, a exposición de Clara Martín sumadas á guinda co pregón de Luz Darriba demostran que estamos a asistir a unha das homenaxes anuais a Rosalia máis importantes de Galiza. Neste sentido tamén se ten manifestado o presidente da fundación Rosalia de Castro, Anxo Angueira, que estivo presente nas dúas xornadas.

Pero detrás de este éxito hai un grande traballo de organización sustentado por tres entidades, o Cancello de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos IESCH e a Nova Poesía Guitirica NPG con unha comisión composta por mulleres que merecen a nosa admiración e respeto: a concelleira de Cultura Vanessa Siso, a presidenta do IESCH Marisa Barreiro e as poetas vilalbesas da NPG Pilar Maseda e Luz Airado. Sen elas, e o seu traballo e compromiso rosalianos non teríamos desfrutando de tantas e tan fermosas actividades na honra da máis grande das nosas letras.

Vilalba e a Terra Chá convertense así nunha referencia ineludíbel nas homenaxes cada mes de febreiro a Rosalía, que consolida a Vilalba como centro da importante literatura chairega, non só pola ca tidade e calidade literat@s senón tamén por terse afianzado na organización de importantes eventos literários.

Vaian dende aqui os meus parabéns e agradecemento ás entidades e persoas organizadoras. Vémonos en febreiro de 2024 nas III Xormadas Rosalianas de Vilalba!!
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES