As eólicas na prensa
Editorial - martes, 30 de diciembre de 2008
Un xornal galego emprendeu a súa cruzada particular no tema das eólicas, que comezou hai certo tempo e segue.
Había a impresión de que ó xornal non lle sentara nada ben a aparición dun novo medio informativo escrito, auspiciado por un empresario da construcción, que se supón apoiado polos nacionalistas no poder en Galicia. E xa que o empresario en cuestión aspiraba a concesión eólica neste ben coñecido proceso de adxudicación, e por outro lado a empresa que patronea ten os naturais problemas nunha conxuntura difícil, atopou o primeiro dos xornais mencionados camiño aboado para profundar no tema informativo, ferida que se prestou e se presta a repetidas incursións.
Que o tema vai por onde vai é a coletilla que xa apareceu varias veces nas páxinas deste xornal, indicando que esta compañía ven de abrir un medio de comunicación en Galicia afín ó partido que decide o concurso, ou de que exista este medio que rema a favor del partido que ha resuelto el concurso, ou en fin que se trata dun periódico que aboga por los intereses nacionalistas.
Como mecanismo ben coordinado, o tema da débeda da construtora é recurrente en informacións e artigos, o mesmo que o presunto uso do argumento da concesión de megavatios, e un seguimento ó milímetro dun proceso de concesión que ten aínda moito que soar nos ambientes sociais e políticos de Galicia.
A aparición dun novo medio nun panorama problemático dentro da crise global que comezamos a padecer, tan preto dunha xornada electoral tan importante, revolucionou á prensa galega e o proceso de adxudicación foi así máis publicado e público que en situacións de normalidade.
A batalla está ben clara. Cada quen usa as súas armas. As espadas seguen en alto. En Internet non temos ese problema. Nin aspiramos a eólicas nin por agora aínda que teñamos alcance universal e multitudinario- se nos valora tanto coma o papel. Tempo ó tempo.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora