Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 23 de marzo de 2023
Cando ferven os nervios

Finquei de xeonllos ante unha silveira e pedinlle un niño de rula. Non me fixo caso ningún. É máis, incluso me enganchou no pantalón e case o esfiañou. Teño fama de pacífico, pero tamén sei o que é a carraxe. Así é que, en vinganza, collín unha vara e malleina como se adoita mallar cando ferven os nervios.
Pingas de Orballo Iso fíxome lembrar a miña infancia, de cando, a maiores de estar estudando, tiña que ir para o monte coas tres vacas e co burro. No monte aproveitaba para estudar (só cando tiña algún exame en datas próximas, porque a miña nugalla cubría todos os demais días do curso), e como me gustaba facelo andando e dicindo as leccións en voz alta, cando non atinaba con algo (algún título, algún cadro, algún río, algunha conxugación verbal), a carraxe, a impotencia e os nervios facían acto de presenza e prolongábanse á vara, que saía disparada contra todo aquilo que sobresaíse a dos palmos de terra: herbas altas, xestas, piornos, toxos, silvas, salgueiras, etc. Notábanse tanto os carreiros polos que estudaba que eran case coma, hoxe, os dos xabarís.
Que non me saía o nome do rei que conquistou tal ou cal zona, zas, a vara escarallaba un fento que estaba onde non debía. Que lle atribuía tal cadro ó pintor que non era, zas, a vara que rompía, que rachaba, que esgazaba o que se lle puxese por diante. Como á silveira que non me fixo caso co niño da rula. Quedou de tal forma esmiuzada que servía xa para esterco. Comigo non se xoga, por moito pacifismo que teña sobre os ombreiros.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES